A Coordinadora Galega de ONGD publica a primeira tradución ao galego da Declaración de París sobre Eficacia da Axuda e da Axenda de Acción de Accra.
Ambos os dous documentos constitúen os dous principais referentes documentais da Axenda de Eficacia da Axuda.
Esta tradución acompáñase de dous estudos introdutorios: o primeiro sobre a ollada crítica das organizacións da sociedade civil respecto da axenda da eficacia da axuda; e o segundo sobre a cronoloxía, actores e espazos onde as organizacións da sociedade civil están a configurar unha axenda propia sobre a eficacia do desenvolvemento.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.