O número 11 de Galicia Solidaria, a publicación semestral da Coordinadora Galega de ONGD, xa está dispoñible na nosa web. A edición deste último número está centrada na sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza, a aprobación do Plan Anual 2011, os recortes nos orzamentos de Cooperación Galega e a celebración da vindeira Asemblea Xeral na que se renovarán a Xunta Directiva.
Ademais, este novo número conta coa participación de Alicia López, Gema Celorio e Juanjo Celorio, membros do Instituto sobre Desarrollo y Cooperación Internacional (HEGOA), que a través dunha entrevista explicáronos que é a Educación para o Desenvolvemento, as súas liñas de traballo é que papel ten a sensibilización nesta estratexia educativa.
Por outra banda, o espazo “carta da presidencia” analiza o traballo desenvolto pola Coordinadora Galega de ONGD as últimas dúas décadas, coincidindo co vinte aniversario da federación.
Por último, na páxina 9, están expostos as subvencións e convenios que en 2010 foron concedidos pola Dirección Xeral de Relación Exteriores e coa UE, a Axencia Humanitaria de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.