Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 6 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 454 accesos
  • Visitas Total: 350853 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Emprego e Voluntariado

  • Ofertas de Emprego (2)

    20/07/2010 | La Federació Catalana d’ONG per al Desenvolupament oferta unha praza de Técnico/a de Proxectos

      A persoa seleccionada integrarase na Área de Desenvolvemento en Barcelona, en dependencia da Coordinadora de Cooperación ao Desenvolvemento. O obxectivo principal do posto é dar apoio á área na xestión de proxectos e programas de desenvolvemento (formulación, seguimento de proxectos, xustificación a entidades financiadoras e avaliación).   Funcións - Formulación, seguimento, xustificación e avaliación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento en coordinación coas oficinas do país. - Apoio na relación coas administracións e entidades financiadoras. - Apoio ao conxunto da área de cooperación ao desenvolvemento e á construción do equipo. - Participación co resto de actividades da organización, cando sexa preciso, en especial, aportando ao proceso de especialización da organización en empoderamento e dereitos humanos das mulleres e equidade de xénero, ao externo e ao interno. - Participación, cando se requira, nas actividades de sensibilización sobre os proxectos de cooperación ao desenvolvemento da súa área xeográfica de traballo u outras actividades de formación e sensibilización con persoas socias.   Perfil requirido Requírese dunha persoa con experiencia na xestión do ciclo de proxectos e programas de desenvolvemento con enfoque de xénero. Coñecemento e experiencia na aplicación da normativa AECID, UE, ACCD e entidades privadas. Requírense capacidades e habilidades para traballar en equipo, flexibilidade, pro-actividade á hora de resolver tensións e promover consensos. Boa capacidade de comunicación e coordinación con outras persoas do equipo en sede central e países.   Experiencia: Experiencia mínima de 4 anos en tarefas relacionadas coa formulación e seguimento (técnico e financeiro) de proxectos de cooperación ao desenvolvemento en países de América Latina e África. Coñecemento e experiencia coa xustificación económica e técnica de proxectos financiados pola UE, AECID e ACCD, así como de entidades privadas. Coñecementos de contabilidade e xestión. Experiencia de traballo con equipos e oficinas noutros países e habilidades de coordinación vía mail e Skype. Idiomas: Bo dominio do castelán escrito e falado e boa capacidade de redacción e comunicación por escrito. Valorarase moi positivamente o coñecemento do catalán falado he escrito, así como o coñecemento da lingua francesa. Coñecementos comprobados sobre feminismo e/ou xénero e desenvolvemento. Capacidade de interlocución e representación institucional. Capacidade para traballar en equipo e actitude pro activa na construción de equipo. Habilidades na xestión de conflitos e na xestión de tensión en momentos do ano que requiran unha carga intensa de traballo. Dominio de Word, Excel e xestión do correo electrónico. Dispoñibilidade para viaxar.   Condicións Laborais. Incorporación no mes de setembro, inmediatamente ao finalizar o proceso de selección. Xornada completa (40 horas), distribuídas de luns a venres de 08:30 a 15:00 e unha tarde de 16:00 a 19:30, máis unha bolsa de horas anuais fóra deste horario de referencia ata completar as horas do convenio. Salario de acordo á escala salarial de COOPERACCIÓ. Incorporación a un equipo activo e motivado e posibilidade de participar na construción dunha organización nun proceso de cambio de cara á especialización en empoderamento e dereitos humanos das mulleres e equidade de xénero. Posibilidade de formación en temas de xénero e desenvolvemento (5% do tempo de contrato).

    27/07/2010 | Responsable en Sede de República Dominicana

      FUNCIÓN XERAL: Responsabilizarse, dende a integración no equipo de traballo da área, do impulso da estratexia de intervención de InteRed en República Dominicana mediante a asesoría e xestión de desenvolvemento con copartes locais, en coordinación coa coordinadora da área de cooperación internacional.   FUNCIÓNS ESPECÍFICAS: Apoiar ás copartes locais na xestión de proxectos dende o Enfoque do Marco Lóxico, fortalecemento institucional e formación no marco da propia planificación das copartes locais. Estudar novas propostas de copartes locais. Promover a cooperación Sur-Sur no marco da planificación anual de área. Colaboración e coordinación con outras áreas e instancias de InteRed, especialmente coa área de educación para o desenvolvemento.     PERFIL REQUIRIDO   -         Motivación e identificación cos valores propios de InteRed y coa súa Misión e fins. -         Ter coñecemento da situación e realidade do país baixo a súa responsabilidade. -         Experiencia de ao menos 3 anos en xestión de proxectos de cooperación en algunha ONGD española e/ou experiencia sobre o terreo, preferiblemente en República Dominicana -         Titulación universitaria e formación específica para a cooperación e a xestión de instrumentos de desenvolvemento. -         Dominio da xestión do ciclo do proxecto (identificación, formulación, seguimento e avaliación) dende a metodoloxía del Enfoque do Marco Lóxico. -         Dispoñibilidade para viaxar a República Dominicana. -         Capacidade de traballo en equipo, organización, comunicación, iniciativa e creatividade. -         Habilidades para la concertación, capacidade de adaptación e facilidade para traballar coas persoas de distinta cultura. -         Nacionalidade dun dos países da Unión Europea ou con permiso de traballo en España. -         Informática a nivel usuario e dominio del excel.     Valorarase:   -         Coñecemento das zonas xeográficas baixo a súa responsabilidade -         Vinculación ao sector das ONGD -         Coñecemento de procesos socioeducativos, enfoque de xénero e/ou enfoque de dereitos. -         Experiencia de ao menos 2 anos en identificación, formulación e seguimento de Convenios.   CONDICIÓNS LABORAIS:   Contrato de obra ou servicio de 1 ano de duración Data de incorporación: Inmediata Salario: Baremo interno.   Enviar CV a: rrhh@intered.org


  • Voluntariado nas ONGD (1)

    02/07/2010 | En Cooperatour segue aberto o prazo de inscrición nas súas viaxes de voluntariado internacional

      É posible elixir as datas e o período de duración da estancia ao longo do ano; o único requisito consiste en confirmar a participación cun mes de antelación. Cooperatour é unha ONG especializada en viaxes solidarios e voluntariado internacional; por iso nos seus obxectivos destaca como prioritario dar a oportunidade de integración en equipos de voluntariado xa formado e participar en proxectos de cooperación en América Latina. Os países de destino son: Bolivia, Ecuador, Guatemala, Honduras e Perú. Para máis información, aquí>>


  • Convocatorias de Bolsas e Convenios de Prácticas (0)


ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.