Saíu publicada no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de 12 bolsas de formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento. A duración das bolsas será como máximo de 12 meses, entre o 1 de maio de 2012 e o 30 de abril de 2013. Os destinos das bolsas serán a sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, as oficinas técnicas de cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (OTC) ou algunha organización internacional multilateral, nalgún dos países onde desenvolven os seus proxectos. O prazo para presentar os candidatura remata o 10 de febreiro.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.