Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 5 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 3088 accesos
  • Visitas Total: 2878822 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

Emprego e Voluntariado

20 de xullo de 2010

La Federació Catalana d’ONG per al Desenvolupament oferta unha praza de Técnico/a de Proxectos

Data/Lugar
Data de inicio de inscrición na oferta: 20/07/2010
Data límite de inscrición na oferta: 05/08/2010
Lugar: http://www.congde.org/index.php/empleos/detalle/id_oferta/1515/id_contenido/4145/param/listado_40/pa

 

A persoa seleccionada integrarase na Área de Desenvolvemento en Barcelona, en dependencia da Coordinadora de Cooperación ao Desenvolvemento. O obxectivo principal do posto é dar apoio á área na xestión de proxectos e programas de desenvolvemento (formulación, seguimento de proxectos, xustificación a entidades financiadoras e avaliación).
 
Funcións
- Formulación, seguimento, xustificación e avaliación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento en coordinación coas oficinas do país.
- Apoio na relación coas administracións e entidades financiadoras.
- Apoio ao conxunto da área de cooperación ao desenvolvemento e á construción do equipo.
- Participación co resto de actividades da organización, cando sexa preciso, en especial, aportando ao proceso de especialización da organización en empoderamento e dereitos humanos das mulleres e equidade de xénero, ao externo e ao interno.
- Participación, cando se requira, nas actividades de sensibilización sobre os proxectos de cooperación ao desenvolvemento da súa área xeográfica de traballo u outras actividades de formación e sensibilización con persoas socias.
 
Perfil requirido
Requírese dunha persoa con experiencia na xestión do ciclo de proxectos e programas de desenvolvemento con enfoque de xénero. Coñecemento e experiencia na aplicación da normativa AECID, UE, ACCD e entidades privadas. Requírense capacidades e habilidades para traballar en equipo, flexibilidade, pro-actividade á hora de resolver tensións e promover consensos. Boa capacidade de comunicación e coordinación con outras persoas do equipo en sede central e países.
 
Experiencia: Experiencia mínima de 4 anos en tarefas relacionadas coa formulación e seguimento (técnico e financeiro) de proxectos de cooperación ao desenvolvemento en países de América Latina e África. Coñecemento e experiencia coa xustificación económica e técnica de proxectos financiados pola UE, AECID e ACCD, así como de entidades privadas.
Coñecementos de contabilidade e xestión.
Experiencia de traballo con equipos e oficinas noutros países e habilidades de coordinación vía mail e Skype.
Idiomas: Bo dominio do castelán escrito e falado e boa capacidade de redacción e comunicación por escrito. Valorarase moi positivamente o coñecemento do catalán falado he escrito, así como o coñecemento da lingua francesa.
Coñecementos comprobados sobre feminismo e/ou xénero e desenvolvemento.
Capacidade de interlocución e representación institucional.
Capacidade para traballar en equipo e actitude pro activa na construción de equipo.
Habilidades na xestión de conflitos e na xestión de tensión en momentos do ano que requiran unha carga intensa de traballo.
Dominio de Word, Excel e xestión do correo electrónico.
Dispoñibilidade para viaxar.
 
Condicións Laborais.
Incorporación no mes de setembro, inmediatamente ao finalizar o proceso de selección.
Xornada completa (40 horas), distribuídas de luns a venres de 08:30 a 15:00 e unha tarde de 16:00 a 19:30, máis unha bolsa de horas anuais fóra deste horario de referencia ata completar as horas do convenio.
Salario de acordo á escala salarial de COOPERACCIÓ.
Incorporación a un equipo activo e motivado e posibilidade de participar na construción dunha organización nun proceso de cambio de cara á especialización en empoderamento e dereitos humanos das mulleres e equidade de xénero.
Posibilidade de formación en temas de xénero e desenvolvemento (5% do tempo de contrato).

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.