Estrutura Orgánica
Asamblea Xeral
A Asemblea Xeral é o órgano supremo da Coordinadora, no que están representadas todas as ONGD integrantes da mesma, e da que forman parte por dereito propio e en igualdade. Así mesmo, aos acordos da Asemblea, quedan suxeitas todas as ONGD integradas.
Algunhas das funcións máis importantes da Asemblea Xeral son: aprobar e reformar os Estatutos da entidade; establecer as liñas xerais de actuación da CGONGD; elixir ás persoas integrantes da Xunta Directiva; aprobar a programación de actividades anual; aprobar os orzamentos anuais de ingreso e gasto; aprobar as altas e baixas de ONGD, etc.
A Asemblea Xeral reúnese en sesión ordinaria unha vez ao ano.
Xunta Directiva
Presidenta/e:
Xosé Mª Torres Bouza (Farmamundi - Galicia)
directiva@galiciasolidaria.org
Descargar currículo | Ollar currículo
Currículo de Xosé Mª Torres Bouza
XOSÉ MARÍA TORRES BOUZA
FORMACIÓN ACADÉMICA
Licenciado en Farmacia e especialista en Farmacia Industrial e Galénica
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Delegado en Galicia de Farmamundi durante varios anos
Desde o ano 2000 Vogal da Xunta Rectora estatal de Farmamundi.
Membro da Xunta Directiva da CGONGD desde abril de 2000, e Presidente desde novembro de 2005.
Membro desde abril de 2005 do Consello Galego de Cooperación.
Vicepresidenta/e:
José Luis Presedo Díaz (Entreculturas, Fe e Alegría)
acoruna@entreculturas.org
Descargar currículo | Ollar currículo
Currículo de José Luis Presedo Díaz
JOSÉ LUIS PRESEDO DÍAZ
FORMACIÓN ACADÉMICA
Perito Mercantil
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Despois de 35 anos de vida profesional en diversos postos de responsabilidade nas áreas de Administración, Comercial e Loxística no ámbito da Empresa.
Pre xubilouse a idade de 55 anos.
Desde o ano 2000 ven colaborando como voluntario coa ONGD Entreculturas- Fe e Alegría, da que é delegado en A Coruña.
No ano 2004 foi designado vogal da Xunta Directiva da Coordinadora Galega de ONGD, da que sigue formando parte na actualidade.
Secretaria/o:
Estela Mouriño Senande (UNICEF Galicia)
emouri@unicef.org
Descargar currículo | Ollar currículo
Currículo de Estela Mouriño Senande
ESTELA MOURIÑO SENANDE
FORMACIÓN ACADÉMICA
Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Dende febreiro do 2005 é a coordinadora autonómica de Unicef-Galicia.
Tesoureira/o:
Antón Xosé González Artiaga (Solidariedade Galega)
agonzaleza@udc.es
Vogais:
Francisco Vallverdú Baena (Educación Sen Fronteiras)
esfgalicia@educacionsinfronteras.org
Descargar currículo | Ollar currículo
Currículo de Francisco Vallverdú Baena
FRANCISCO VALLVERDÚ
FORMACIÓN
Licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela (1998)
Diplomado Traballo Social pola Universidade de Valladolid (2003)
Curso de Xestión e Dirección de ONGD. ESADE 2009.
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Profesor de Economía en Bachiller no Colexio Sagrado Corazón (Xesuítas) de León. Voluntario de Entreculturas. Anos 2001-2002.
Traballo na ONGD Entreculturas do 2002 ata o 2004 como Delegado Rexional Noroeste dende Valladolid
Traballo na Coordinadora de ONGD de Castela e León no ano 2005, na Secretaría Técnica.
Profesor de Matemáticas en 1º e 2º de ESO no Colexio Maristas San José (2007) e voluntario da ONGD SED
Actualmente traballa en Educación Sen Fronteiras dende outubro de 2007, como Delegado en Galicia da ONGD.
María Paz Gutiérrez (Solidariedade Internacional de Gaicia)
direccion@solidaridadgalicia.org
Ángel Bañobre González (Fundación Cume)
desarrollo@fundacioncume.org
Descargar currículo | Ollar currículo
Currículo de Ángel Bañobre González
ÁNGEL BAÑOBRE GONZÁLEZ
Ferrol,1970
Formación
Licenciado en Ciencias Empresariais. USC.
Especialista en Comercio Exterior USC.
Máster de Cooperación Internacional USC:
Experiencia profesional:
07/09. Técnico de proxectos da Fundación CUME. Identificación, formulación e avaliación de proxectos de cooperación.
99/02 Encargado da cooperación bilateral financieira para o Ministerio de Economía español en Lima-Perú e na Paz-Bolivia para a conversión da débeda por desenvolvemento. Vogal na mesa de elaboración da Estratexia Boliviana de Redución da Pobreza.
Traballo en terreo en Haití, República Dominicana e Mozambique.
Rosa Gómez Reino Varela (Paz e Desenvolvemento)
galicia@pazydesarrollo.org
Descargar currículo | Ollar currículo
Currículo de Rosa Gómez Reino Varela
ROSA GÓMEZ REINO
Formación
Licenciada en Dereito. (UNED) (2001)
Postgrado en “Cooperación Internacional e Desarrollo” USC (2002/2003)
Diploma en “Relaciones de Género y Desarrollo”, IUCD-UCM ( 2005)
Estudiante de Educación Social – UNED (cursando na actualidade)
Experiencia profesional:
Responsable do Gabinete de Prensa e Coordinadora do Programa Formativo no “Festival Internacional de Clown de Galicia”
Socia Fundadora de Coperactiva Cultural S.L (2000) e Socia Fundadora de Culturactiva Soc.
Membro da Comisión Civil Internacional de Observación de Dereitos Humanos, en México (2002)
Co-Responsable , do Proxecto Educativo “Semillitas del Sol“ e Emisora de Radio en Roberto Barrios – Chiapas. México (ultima visita Febreiro-Maio 2006)
Responsable Voluntaria do Programa formativo na UNMS (Unión Nacional de Mujeres Saharauis) nos Campamentos de Refuxiados Saharauis.
Colaboradora voluntaria en diversos Programas de Cooperación en México, El Salvador e Nicaragua 0(2006)
Responsable Coordinadora e Delegada en Galicia de Paz y Desarrollo ONGD dende abril do 2007 ata a actualidade.
Secretaría Técnica: Áreas e Funcións (qué facemos)
Área de Sensibilización e Comunicación:
Encargada de realizar as actividades e campañas de sensibilización. Así como a difusión e a comunicación.
Área de Proxectos e xestión:
A súa labor está máis centrada na planificación interna da coordinadora, na relación con outras coordinadoras e os asuntos legais.
A maiores están todas as funcións administrativas que é necesario realizar.
Comisións de Traballo
Comisión de Incidencia:
A Comisión de Incidencia Política creouse o 17 de setembro de 2008, e foi ratificada pola Asemblea Xeral Extraordinaria de Febreiro de 2009.
A idea de constituír unha comisión de incidencia xorde do Encontro Buscando Sinerxías, organizado para a Planificación Estratéxica da Coordinadora,... [Ler máis]
Comisión de Código de Conduta e Normativa:
O grupo de traballo de Normativa e Código de Conduta constituíuse o 26 de novembro de 2007, baixo a necesidade de dotar normativamente á Coordinadora duns novos Estatutos e Regulamento de Réxime Interno. [Ler máis]
Comisión de Xénero:
A Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD constitúese o 21 de xuño de 2007. Nesa primeira reunión acórdase a súa denominación como “Comisión de Xénero”, o sistema de funcionamento, a misión do grupo, as súas áreas de traballo, así como a definición de obxectivos... [Ler máis]
Comisión de Comercio Xusto:
A Comisión de Comercio Xusto e Consumo Responsable, foi a primeira en ser constituída e comezou a traballar no ano 2006.
A misión desta comisión baséase en dous principios básicos:
•Mellorar o grao de información, formación e compromiso da sociedade e autoridades da administración... [Ler máis]
Comisión de Educación para o Desenvolvemento:
O grupo de Educación para o Desenvolvemento (EpD) constitúese formalmente na xuntanza do 28 de novembro do 2007, nunha primeira reunión na que se tentaron poñer as bases do seu funcionamento interno e realizar unha primeira planificación da súa actividade de cara o 2008.
A misión desta... [Ler máis]