Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 6 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 456 accesos
  • Visitas Total: 350855 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Asina o manifesto «As persoas primeiro»

29XUL

A Coordinadora Galega de ONGD considera «insuficientes» as axudas concedidas pola Xunta a actividades de cooperación internacional

“Claramente insuficientes”. Con estas palabras valoraba Xosé María Torres, presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), a recente concesión de 4,5 millóns de euros en axudas para actividades de cooperación internacional, por parte da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, un departamento dirixido en primeira instancia polo Conselleiro de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.

 

Compostela, 29 xullo 2010. “Houbo un total de 151 solicitudes e unicamente foron financiadas 43” declarou Torres trala reunión da Directiva da CGONGD, que fixo unha análise das resolucións. O alto número de solicitudes, afirma Torres, “reflexa o aumento das necesidades que a crise global está provocando nos países pobres, pero esta realidade non é  valorada pola Xunta de Galicia”.

 

Outro dos aspectos destacados da resolución, está a altísima  concentración dos fondos en Latinoamérica: só se financiará un proxecto en África (concretamente en Mozambique) a pesar de ser o continente onde se concentra o maior índice de pobreza; e non se aposta pola posta en marcha de ningunha actuación en Asia.

 

A Coordinadora Galega de ONGD critica ademais que un importante número de proxectos foron aprobados pero, en cambio, quedaron sen axudas por esgotamento do crédito orzamentario. A Xunta “debe aplicar xa as previsións do II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013”, aprobado o pasado 16 de xuño por unanimidade no Parlamento de Galicia, esixiu Torres. E iso significa que o orzamento comprometido pola Xunta, comprendido entre os 17 e os 22 millóns de euros anuais en 2013, teñen que  incorporarse paulatinamente nos orzamentos da cooperación galega.  Este ano 2010 só se destinaron 9,7 millóns de euros, tres millóns menos que en 2008, ano no que o bipartito PSOE-BNG concedeu 12,8 millóns de euros.

 

Compre lembrar que na actualidade a Xunta de Galicia é o goberno autonómico que menos esforzo fai en materia de cooperación xa que só destina o 0,09% do seu orzamento, cando indicadores coma a porcentaxe de paro, a evolución do PIB, etc. amosan que Galicia é unha das autonomías que menos se veu afectada pola crise no estado español.

 

Tamén é salientable que non se concedera ningún proxecto ás universidades da Coruña nin de Vigo. Tampouco recibiu axudas ningún sindicato, a pesar de estar recoñecidos como axentes de cooperación pola lei galega de 2003. Tampouco ningunha comunidade galegas no exterior recibiu axudas, se ben estas, como é notorio desde hai anos, non presentan solicitudes, a pesar de ser Galicia –xunto con Castela León- das poucas comunidades onde están recoñecidas como axentes de cooperación, o que desperta non poucas suspicacias no sector.

 

Para os vindeiros anos, A Coordinadora Galega de ONGD solicita que as axudas sexan concedidas nos primeiros meses do ano, para evitar problemas de execución.

 

 
27XUL

Apoia a Campaña “As persoas primeiro”

As organizacións que integran á Coordinadora de ONGD- España impulsan un manifesto onde se esixe aos líderes políticos e de goberno das administracións públicas que impulsen medidas de loita contra a crise que vaian dirixidas directamente aos responsables e causantes da mesma. Fronte o incumprimento dos compromisos en Cooperación ao Desenvolvemento, o manifesto pide a rectificación de aqueles gobernantes que anunciaron medidas de recorte. Tamén se lles esixe ás autoridades que reiteren o seu compromiso coa loita contra a pobreza, co Desenvolvemento Humano e cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, mantendo os seus compromisos de AOD.

 
Asina AQUÍ o manifesto

 

 
20XUL

Resolución das convocatorias da Xunta de Galicia 2010: proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior, educación para o desenvolvemento e fortalecemento de ONGD.

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE comunica a resolución da convocatoria 2010 de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior, actividades de educación para o desenvolvemento e fortalecemento de ONGD.

Consultar a resolución:

Proxectos de cooperación ao desenvolvemento>>

Actividades de educación para o desenvolvemento>>

Consolidación e fortalecemento de ONGD>>

 
16XUL

Publicación do Caderno da Coordinadora 16. Eficacia de la ayuda y sociedad civil.Declaración de París sobre Eficacia de la Ayuda. Agenda de Acción de Accra.

A Coordinadora Galega de ONGD publica a tradución ao castelán do Caderno da Coordinadora 14 Eficacia da axuda e sociedade civil. Declaración de París sobre Eficacia da Axuda. Axenda de Acción de Accra.

Esta publicación contén un estudo introdutorio sobre a ollada crítica das organizacións da sociedade civil á axenda da eficacia da axuda e unha descrición dos actores, procesos e espazos onde se está a substanciar o debate sobre a eficacia do desenvolvemento desde a sociedade civil.

Esta edición, ademais, inclúe unha tradución ao castelán da Declaración de París sobre a Eficacia da Axuda e da Axenda de Acción de Accra desde o documento orixinal en inglés publicado polo CAD da OCDE.

Edición gratuíta. Pódense solicitar exemplares poñéndose en contacto coa Coordinadora Galega de ONGD.

Descargar a publicación>>

 
xullo 2010
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Mapa de Proxectos

Galería de Fotos

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.