ACNUR - Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados 
A páxina web de ACNUR facilítanos o acceso a informes sobre as actividades deste organismo internacional, documentos sobre a situación dos refuxiados no mundo e a historia do propio ACNUR.
AECID - Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo 
Na páxina web da AECI, poderedes atopar información sobre as distintas convocatorias de axudas, bolsas e licitacións, así como documentos e textos legais sobre cooperación.
Banco Mundial 
Páxina web do Banco Mundial, con acceso aos documentos máis importantes elaborados por esta organización.
Casa Asia 
Organización constituida no ano 2001 co obxetivo de incorporar unha nova dimensión asiática á política exterior española. Trátase dun consorcio integrado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Generalitat de Cataluya e o Concello de Barcelona.
Confederación de fondos de Cooperación e Solidariedade 
Marco de coordinación e de representación conxunta dos distintos Fondos existentes no Estado español en tódalas temáticas que, pola súa importancia, afectan ós seus intereses común.
IFAD-FIDA - Fondo Internacional para o Desenvolvemento da Agricultura 
O FIDA é unha axencia especializada da ONU. Desde a sua creación FIDA apoiou máis de 600 proxectos en 115 paises. A páxina web permítenos acceder a interesantes documentos sobre desenvolvemento agrícola e conta cunha ampla selección de fotografías.
OMC - Organización Mundial do Comercio 
Organización internacional que se ocupa das normas que rixen o comercio entre os países
ONU - Organización das Nacións Unidas 
Portal das Nacións Unidas, con acceso a textos, declaracións e todo tipo de documentos. Enlace aos organismos internacionais integrados no sistema das Nacións Unidas, así como aos eventos organizados por estes.
ONUSIDA - Programa Conjunto de las Naciones Unidas sobre el VIH/SIDA 
ONUSIDA aúna os esforzos e os recursos de dez organizacións do sistema da ONU para dar unha resposta mundial ao SIDA que permita axudar ao mundo a evitar novas infeccións polo VIH, a prestar asistencia ás persoas que viven co VIH e a mitigar o impacto da epidemia.
PNUD - Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento 
O PNUD é a rede mundial das Nacións Unidas para o desenvolvemento, que ten por oxectivo promover o cambio e conectar aos países cos conocementos, a experiencia e os recursos necesarios para axudas aos pobos a forxar unha vida mellor.
UNESCO - Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura 
Páxina web da UNESCO con información detallada sobre as súas actividades, así como publicacións e documentos.
UNICEF - Fondo das Nacións Unidas para a Infancia 
O UNICEF, fundado en 1946, adícase a protexer a vida dos nenos do mundo.Na sua páxina web pódese atopar información sobre as súas actividades, documentos e textos legais relacionados coa situación da infancia no mundo.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.