ACSUR Las Segovias - Asociación para la Cooperación con el Sur 
Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento que dedican unha atención especial ás organizacións de mulleres, a defensa dos dereitos humanos, á produción agrícola e gandeira, e á educación e sensibilización solidaria
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza 
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza é unha asociación ecoloxista sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida.
AIDA – Ayuda, Intercambio y Desarrollo 
AIDA aposta, como principal liña de intervención, pola realización de proxectos de índole produtiva en varios países con importantes desequilibrios estructurais. Si ben o campo de acción é amplo, pódese destacar as intervencións en desenvolvemento rural con base territorial. Así mesmo, realiza accións dirixidas a satisfacer as necesidades básicas de poboacións vulnerables, para o cal plantea respostas esenciais (vivenda, educación, formación técnica …) sobre a base de asistencia técnica continua e transferencia de coñecemento
AIS “O peto” – Asociación por un Interese Solidario 
Asociación sen ánimo de lucro que propón e alenta unha economía alternativa e solidaria por medio dunha rotura progresiva coa xestión tradicional dos aforros e dos cartos, coa súa mentalidade e os seus hábitos
Amnistía Internacional - Sección Española 
Movemento global integrado por persoas, na súa maioría voluntarias, que traballan para que os dereitos humanos sexan respetados en todo o mundo.
AXUNICA – Asociación de Axuda a Nicaragua 
ONG de cooperación para o desenvolvemento económico e social dos nigaraguanos e nicaraguanas.
Cooperación Internacional ONG 
Asociación fundada por profesores universitarios e mozos e mozas profesionais, cuxo obxectivo é crear cauces de participación social para a mocidade na axuda aos máis necesitados mediante un compromiso estable de servizo.
COSAL - Comités de Solidariedade de Galiza 
COSAL naceu en distintas cidades e vilas de Galicia moi ligado ao apoio á revolución sandinista nicaraguana. Dentro dos obxectivos das actividades desta organización, recóllense o apoio á loita sandinista, ás loitas contras a tiranía no Salvador e Guatemala, á resistencia cubana ao bloqueo, ao enfrontamento contra as ditaduras de Pinochet en Chile e das distintas xuntas militares arxentinas, e ás loitas obreiras e campesiñas no Perú.
ECODESARROLLO GAIA 
Oranización non gobernamental para o desenvolvemento sostible nacida ao amparo da Conferencia de Nacións Unidas CCNUMAD Río-92, que debe o seu nome á acepción da palabra grega Nai Terra.
FUDEN – Fundación para el Desarrollo de la Enfermería 
FUDEN constituíuse no ano 1989 co fin fundacional de potenciar e promocionar o desenvolvemento da saúde en todas as súas vertentes. Para cumprir os seus obxectivos, atende as demandas das e dos profesionais a través da actualización constante de coñecementos, a promoción da investigación e a divulgación do coñecemento e o intercambio de experiencias con outros países con menos recursos. Por esta razón, a Fundación se organiza en tres áreas principais: Departamento de Formación, Departamento Social e Departamento de Cooperación Enfermera.
FUNDAI Fundación de Axuda á Infancia 
O seu labor céntrase nos proxectos que perduran no tempo e baséase nun programa de apadriñamento a través do cal se provee as nenas e nenos que forman parte do mesmo, así como a súa comunidade, de bens e servizos básicos, como educación, hixiene, roupa, campañas de vacinación, potabilización de augas, etc
GREENPEACE España 
Organización ecoloxista e pacifista internacional, económica e politicamente independente cuxo obxectivo é protexer e defender o medio ambiente e a paz
IFMSA – Federación Internacional de Asociaciones de Estudiantes de Medicina 
IFMSA é unha das maiores organizacións estudiantles do mundo. Fundada en Copenhague, en 1951, pretende promover a cooperación entre os estudantes de medicina do mundo. A finais dos anos 80 comeza unha nova etapa co espíritu de ser non só unha Asociación de Intercambios, senón tamén de traballar en programas educativos e de cooperación para o desenvolvemento e saúde pública.
MENORIA 
Asociación galega de familias adoptantes en Etiopía, que pretende actuar como nexo de unión entre as familias que xa adoptaron, promove a integración dos nenos e nenas en Galicia e informa ás persoas que inicien procesos de adopción en Etiopía
ROKPA Axudando onde se necesita 
Rokpa (“Axuda” en tibetano) é unha organización que traballa para mellorar a calidade de vida do mundo en vías de desenvolvemento e do desenvolto. Máis da metade do seu orzamento total está adicado ós máis de 100 proxectos no Tibet
SAVE THE CHILDREN – Fundación Infancia 
O obxectivo fundamental desta Organización Non Gobernamental é a defensa activa dos intereses dos nenos e nenas, especialmente dos máis desfavorecidos, por elo, desde 1919 traballan nas principais áreas que lles afectan: educación, saúde, nutrición, traballo infantil, prevención do abuso sexual, reunificación dos nenos e nenas coas súas familias tras catástrofes e guerras, etc. Contan con organizacións en 27 países, que xuntas forman a Alianza Internacional Save the Children, e está presente en máis de 120 con programas de axuda.
Verdegaia 
Asociación ecopacifista galega sen ánimo de lucro que naceu co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avace na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.