AGP - Acción Global de los Pueblos 
A Acción de los Pueblos contra el “Libre” Comercio y la Organización Mundial de Comercio é unha plataforma de movementos de base de todos os continentes reunidos para lanzar unha coordinación mundial de resistencia contra o mercado global
Anti-slavery International 
Organización Internacional contra a Escravitude. Fundada en 1839, é unha das organizacións de Dereitos Humanos máis antigua do mundo. O seu traballo céntrase na loita contra a escravitude e os abusos relacionados en ela
Asociación Madres de Plaza de Mayo 
Esta asociación foi formada durante o último goberno militar da República Arxentina que, a día de hoxe, tratan de continuar o que elas entenden como a loita que intentaron levar a cabo os seus fillos e fillas, mediante a ONG Asociación Madres de Plaza de Mayo, coa súa radio, universidade, café literario, plan de vivenda social, gardería infantil e programa de televisión
ATTAC-España 
A Asociación pola Tasación das Transaccións e pola Axuda aos Cidadáns é un movemento internacional que promove o control democrático dos mercados financeiros e das institucións encargadas do seu control
Campo Antiimperialista 
Organización revolucionaria que loita contra o imperialismo a escala global
Choike 
Portal destinado a mellorar a visibilidade dos contidos producidos polas ONG do Sur. Nesta plataforma, as ONG poden difundir o seu traballo e a súa vez alimentarse de diversas fontes de información organizadas desde a perspectiva da sociedade civil do Sur
Coalición española para acabar con la utilización de niños y niñas soldados 
Esta coalición está formada por un total de 6 organizacións que traballan co obxectivo de acabar coa participación de nenos e nenas en colflictos armados, por fin ao reclutamento forzoso de menores de 18 anos e asegurar que nos países en situación de conflicto ou post conflicto lévense a cabo bos programas de desmovilización, desarme e rehabilitación. Na páxina atoparás información sobre as actividades que realiza e unha serie de documentos sobre o tema
Ecologistas en Acción 
Confederación de máis de 300 grupos ecoloxistas distribuidos por pobos e cidades. Forma parte do chamado ecoloxismo social, que entende que os problemas medioambientais teñen a súa orixe nun modelo de produción e consumo cada vez máis globalizado, do que derivan tamén outros problemas sociais
El Local Cambalache 
Cambalache surde no ano 2001 a partir dun grupo de persoas procedentes de movementos estudiantis. Traballan na dimensión educativa e nos movementos sociais empregando o referente da educación popular
El repertorio de los movimientos sociales 
Base de datos que xunta, organiza e pon á disposición do público militante, informacións sobre os movementos sociais do mundo enteiro.
EURODAD – Red Europea sobre Deuda y Desarrollo 
Rede de 55 organizacións non gubernamentais (ONG) de 18 países europeos que traballan sobre temas relacionados coa débeda, a financiación do desenvolvemento e a reducción da pobreza. A rede ofrece unha amplia plataforma para explorar temas, reunir ideas e informacións e levar a cabo accións colectivas de incidencia política
FSM - Foro Social Mundial 
O FSM é un espazo de debate democrático de ideas, fundamento de reflexión, formulación de propostas, cambio de experiencias e articulación de movementos sociais, redes, ONGs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao dominio do mundo polo capital e por calquera forma de imperialismo
Marcha Mundial das Mulleres 
Movemento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres
MST - Movemento dos Traballadores rurais Sem Terra 
A páxina do movemento de traballadores rurais sen terra do Brasil, ofrece ampla información sobre súa historia, actividades e as reclamacións
PLATAFORMA 0,7% 
Constitúese como Asociación sen ánimo de lucro no ano 1994. O seu compromiso é acelerar ao máximo a erradicación da pobreza e a miseria no mundo e a consecución dun desenvolvemento sostible para todos os pobos
Plataforma do voluntariado de España 
Rede creada en 1986 como ONG para cubrir a necesidade de coordinar a promoción e difusión do voluntariado e a acción social, agrupa a organizacións de voluntariado do Estado Español
Red Ciudadana por la Abolición de la Deuda Externa 
Agrupación de redes e plataformas locais que loita contra a pobreza e inxusticia nas súas orixes, é dicir, nas estructuras
Red del Tercer Mundo 
A RTM é un agrupamento internacional de organizacións e individuos e está adicada a establecer vínculos e a cooperar con grupos e persoas preocupas polos temas do desenvolvemento e o medio ambiente
Red Indígena 
O propósito desta rede é facilitar un espazo no que as organizacións indíxenas poidan difundir a súa problemática, os seus eventos, as expresións culturais dos seus pobos e en xeral, toda a información que xeneren e desexan publicar a través de Internet
Red Vida - Vigilancia Interamericana para la defensa y el derecho al agua 
Rede creada no 2003 cando 54 organizacións de 16 países de todo o continente americano reuníronse en San Salvador para
Renda Rede Básica 
A Renda Básica é un ingreso pagado polo estado, como dereito de cidadanía, a cada persoa membro de pleno dereito ou residente da sociedade. Esta páxina pretende ser un instrumento para todas aquelas persoas e grupos interesados nas fundamentacións e defensas académicas, csociais ou políticas da Renda Básica
Transparency International 
Organización non gubernamental adicada a combatir a corrupción, congregando á sociedade civil, sector privado e aos gobernos
Vía Campesiña 
Movemento internacional de campesiños e campesiñas, pequenos e medianos produtores, mulleres rurais, indíxenas , xente sen terra, xóvenes rurais e traballadores agrícolas
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.