AID (Análisis y Desarrollo) Social Consultores 
Consultora integrada por profesionais multidisciplinares con experiencia de traballo no terceiro sector e en cooperación ao desenvolvemento dedicada á asitencia técnica, formación e avaliación. Na súa páxina web poderás atopar información sobre os seus proxectos, servizos e contacto.
Algalia 
Trátase dunha empresa adicada ao asesoramento, consultoría, formación e dinamización do terceiro sector en Galicia. Na súa páxina ademais de atopar o seu contacto podes consultar todos os servicios que prestan e as actividades que desenvolven.
Cidadanía. Rede de Aplicacións Sociais 
É unha entidade pioneira en Galicia na aplicación integrada das técnicas da investigación social, dinamización, asesoramento e formación avanzada.
Dinamia 
Dinamia, consultoría social, asesora e ofrece asistencia técnica en proxectos, programas e políticas de cooperación internacional a administracións públicas e organizacións sen ánimo de lucro.
Fundación Chandra 
É unha entidade privada sen ánimo de lucro cuxo obxetivo é utilizar o potencial comunicativo que ofrertan as novas tecnoloxías da información -en especial, Internet- para acadar un maior compromiso por parte de todos os sectores da sociedade.
Fundación Empresa y Sociedad 
A Fundación Empresa y Sociedad desenvolve iniciativas que axudan a transmitir a importancia da acción social da empresa. A Fundación tamén presa un servicio de asesoramento a empresas, tanto no deseño como no apoio á xestión da sua acción social.
Fundación Grupo Eroski 
Páxina web da Fundación na que se pode atopar información sobre as súas actividades de apoio a iniciativas sociais, diversas convocatorias de axudas, entre elas a convoctoria anual de axudas a proxectos de cooperación internacional.
Fundación Lealtad 
A misión da Fundación Lealtad é fomentar a confianza de particulares e empresas en asociacións e fundacións que cumplan fins de acción social, de cooperación ao desenvolvemento e acción humanitaria.
IESI (Instituto de Estudos Sociais e Internacionais) 
IESI é unha entidade que ten como fin contribuír ao desenvolvemento humano baseándose en programas de redución de pobreza nos países menos desenvolvidos e en programas de redución da vulnerabilidade, integración e igualdade no ámbito social e socio-sanitario en colectivos da nosa comunidade. Ofrece servizos de asesoramento estratéxico e organizacional, xestión de proxectos, comunicación e imaxe e formación.
Innova y Evalúa (IYE) 
IYE é unha empresa independente de asesoría, consultoría e avaliación externa no eido da acción social empresarial, a cooperación ao desenvolvemento e a acción humanitaria. Na súa páxina web atoparás información sobre os seus servizos, proxectos e contacto.
Obra Social de Caixa Galicia 
No portal da Obra social podes atopar toda a información sobre os diferentes programas que desenvolven tanto na nosa comunidade autónoma coma en países do terceiro mundo. Conta tamén cun portal para o sector non lucrativo: www.socialia.org
Obra Social de Caja Madrid 
Información sobre as actividades da Obra Social de Caja Madrid entre as que se inclúen a súa convocatoria anual de axudas a proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
Obra Social de Fundación “La Caixa” 
Páxina web da Fundación La Caixa con información das súas actividades sociais entre elas as súas convocatorias anuais de axudas a proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
Socialia 
Portal adicado ao sector non lucrativo promovido pola Obra Social de Caixa Galicia. O portal contén información sobre convocatorias de axudas, actividades, asesoría legal, etc.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.