Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 4 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1822 accesos
  • Visitas Total: 2861922 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

Quen a forma?

Integradas na Coordinadora Galega de ONGD

A Cova da Terra - Asociación cultural de cooperación e desenvolvemento

A Cova da Terra, asociación creada en Lugo a mediados dos noventa, traballa fundamentalmente no eido do comercio xusto, xestionando en Lugo, a primeira tenda de comercio xusto que existiu en Galicia, e que na actualidade se converteu nun verdadeiro espazo de encontro e reflexión do movemento lucense de solidariedade.


ACSUR Galiza

ACSUR Las Segovias é unha organización non Gobernamental de Cooperación de Desenvolvemento laica e progresista, orientada a promover unha conciencia política transformadora, capaz de gañar para a maioría das poboacións coas que se traballa a paz e a dignidade baseadas na plena realización de todos os dereitos humanos. ACSUR Las Segovias foi fundada o 6 de xullo de 1986 e rexistrada legalmente o 23 de decembro de 1986, co obxectivo de contribuír á superación creativa da brecha de desigualdades económicas, políticas e sociais entre o norte e o sur do noso planeta e do sistema económico, social e político que as xera, a través non só da execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no sur, senón tamén de accións de presión política, sensibilización da opinión pública e coordinación co resto da  sociedade civil organizada no ámbito local, autonómico, estatal, no Estado español e no espazo europeo.  


AGARESO - Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

 A Asociación ONG de Cooperación para o Desenvolvemento Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) foi constituída en 2008. Os principais obxectivos da organización son a creación dunha rede sólida, comprometida e plural no sector da comunicación galega que impulse a difusión, promoción, denuncia e educación en materia de cooperación e solidariedade, mediante a creación, desenvolvemento e seguimento de proxectos de cooperación xa sexan propios ou alleos á organización. Ademais persegue potenciar a educación, formación e reciclaxe dos profesionais en tratamento e elaboración de informacións de carácter social, e ampliar a súa conciencia na abordaxe diaria da información destas temáticas. A súa misión fundamental é sensibilizar á sociedade sobre a vulneración dos dereitos humanos (sociais, económicos, culturais e ambientais) nos países en vías de desenvolvemento. No Estado español, AGARESO centra o seu traballo en dar voz a colectivos en risco de exclusión social como as persoas con discapacidade, a poboación reclusa e ex reclusa, a poboación inmigrante ou a persoas drogodependentes e ex drogodependentes. Conta con tres plataformas básicas para a publicación de artigos, entrevistas, reportaxes, material gráfico e audiovisual que integran os proxectos que se abordan desde a ONGD:  a través da web, radio dixital, televisión e redes sociais.  


Amigos da Terra - Xuventude

Amigos da Terra é unha organización laica que actúa para acadar sociedades perdurables, protexendo o medio e compartindo os recursos do mundo. Forma parte de Friends of the Earth International, que ten grupos en 66 países e un millón de socias /os. En Amigos da Terra concéntranse os esforzos en traballar o consumo sustentable, a xestión de residuos, a conservación e usos da terra, os temas de cambio climático e a cooperación para o desenvolvemento. Ademais conta con dous recursos básicos; o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas na Serra de San Mamede (Pista forestal Arnuide - San Mamede Km. 10, Vilar de Barrio, Ourense) que se rexe por principios de bioconstrución e enerxías renovables; e o servizo de asesoría xurídica, información e educación ambiental.  


Amigos Escaes-Perú

Amigos Escaes Perú é unha organización sen fins de lucro, con recoñecemento de ONG internacional. Traballa ofrecendo servizos en prol do desenvolvemento integral dos sectores de máis baixos ingresos económicos, en harmonía cos patróns culturais e os intereses nacionais e rexionais do Perú.


Arquitectos sen Fronteiras

Arquitectos sen Fronteiras é unha ONGD de cooperación internacional ao desenvolvemento, independente política e relixiosamente. A súa misión centrase en promover un desenvolvemento humano equitativo e sostible, a través da mellora da habitabilidade e a defensa do dereito das persoas a un hábitat digno, en especial o dos colectivos desfavorecidos.  


Asamblea de Cooperación pola Paz

ACPP é unha ONGD que aposta desde 1990 por un desenvolvemento equitativo, a reivindicación da xustiza social, a defensa e promoción dos dereitos humanos, a igualdade de xénero e a democracia. Nos países do Sur traballa pola capacitación das persoas beneficiarias para acadar un desenvolvemento sostible, fortalecendo o tecido asociativo e para a mellora na universalización dos servizos públicos básicos. En España actúa nas áreas de acción social, educación, sensibilización, inmigración e codesenvolvemento.  


Asociación 1º de Mayo

Asociación 1º de Mayo

A Asociación 1º de Mayo nace en 1999 en Allariz (Ourense). É unha ONGD galega que se define coma unha asociación de voluntariado, apolítica, aconfesional de carácter humanitario e solidario. O seu obxectivo prioritario é realizar e executar proxectos para a cooperación en países en vías de desenvolvemento apuntando ás clases máis desfavorecidas e situacións máis precarias. A asociación traballa principalmente en Bolivia. A orixe da Asociación está na procura de financiamento e apoio aos proxectos que se levan a cabo en Santa Cruz de la Sierra, en concreto na Villa 1º de Mayo, un dos barrios máis pobres e marxinais da cidade. O seu eido de actuación é principalmente o sanitario, mais cunha concepción ampla de tel xeito que abrangue: prestar asistencia médica sen ánimo de lucro, contribuír ao sostemento do Hospital 1º de Mayo, programar intervencións en nenos/as e familias carentes de recursos, contribuír á formación de persoal sanitario a través da tramitación de coñecementos e apoiar a ampliación do Hospital nas súas areas máis deficitarias. Na actualidade, a Asociación estendeu as súas actividades en Yamparaez (Sucre).


Axuda en Acción

Axuda en Acción é unha organización non gobernamental de desenvolvemento (ONGD) independente, aconfesional e apartidaria, que ten como obxectivo principal mellorar as condicións de vida das nenas e nenos, as familias e as comunidades dos países máis desfavorecidos de América, Asia e África.


ONGD non integradas na Coordinadora Galega de ONGD

Axunica. ONG de Axuda a Nicaragua

Axunica, ONG de axuda a Nicaragua, traballa principalmente en cooperación ao desenvolvemento con Nicaragua, así coma na difusión e sensibilización sobre as inxustas relacións Norte/Sur dos desequilibrios do desenvolvemento e das precarias condicións de vida en que vive unha ampla maioría da poboación mundial.  


ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.