Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela é unha ONGD confesional de ámbito internacional que se constitúe como organismo oficial da Igrexa na Diócese de Santiago. Constitúese para servir á acción caritativa e social, promovendo, coordinando e instrumentando a Comunidade Cristiá de Bens entre as comunidades eclesiásticas en todas as súas formas, axudando á promoción humana e ao desenvolvemento integral das persoas, grupos e comunidades. Traballa en atención primaria e acción social con colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión. Traballa tamén en cooperación, animación comunitaria e voluntariado.
Compromiso e Misión (CeM) é unha organización de solidariedade e cooperación independente, non gobernamental e baseada en principios cristiáns. Desenvolve o seu labor no apoio á infancia no ámbito cultural, social, sanitario, familiar e espiritual, a fin de acadar un desenvolvemento que permita ás nenas e nenos unha plenitude de vida. CeM traballa en dous ámbitos: cooperación e contribución ao desenvolvemento de países en vías de desenvolvemento; e sensibilización sobre o desequilibrio económico e o respecto aos Dereitos Humanos.
COOPERA é unha organización sen ánimo de lucro, dedicada á cooperación ao desenvolvemento humano dos países en vías de desenvolvemento de África e Iberoamérica. COOPERA ten dúas áreas de traballo definidas: a de acción exterior a través da execución de proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento en África e Iberoamérica; e a de sensibilización social e formación xuvenil de persoas voluntarias e cooperantes. Nesta última destacan actividades coma a Olimpíada Solidaria de Estudo, os campos de traballo, a formación e envío de voluntariado e persoas cooperantes a países en vías de desenvolvemento, o apadriñamento de nenos e nenas de Angola e Perú, ou os intercambios culturais xuvenís.
Cruz Vermella é unha organización non gobernamental, aconfesional de ámbito internacional. A súa misión baséase en estar preto das persoas vulnerables a través de accións de carácter preventivo, asistencial, rehabilitador e de desenvolvemento, realizadas esencialmente por persoas voluntarias.
A Asociación Chai para o desenvolvemento é unha ONGD, independente de toda organización política, social ou relixiosa, o principal obxetivo da cal é contribuir á mellora das condicións de vida das comunidades máis desfavorecidas do mundo, levando a cabo proxectos con participación directa das persoas interesadas na demanda, deseño e execución, e priorizando o pleno respeto polas culturas dos colectivos nos que intervén.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.