Labañou Solidaria é unha ONGD privada, independente e aconfesional, de cooperación e solidariedade, que ofrece apoio técnico voluntariamente por parte das súas/seus socias/os, a través de proxectos de saúde e desenvolvemento integral, facilitando a capacitación técnica e reforzando o capital social das comunidades. Labañou Solidaria nace para promover un irmanamento entre os cidadáns de Labañou e os de Vilcabamba, un distrito de extrema pobreza localizado na serra andina de Perú na rexión de Cuzco. Este irmanamento sirve de vehículo para a cooperación directa e a implicación da poboación e funciona como un instrumento para a educación para a paz e a solidariedade das persoas dun barrio desta beira do Atlántico.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.