A asociación Natura Hispánica é unha ONGD sen fins lucrativos, que basea o seu traballo nos fins e instrumentos derivados do Cumio da Terra sobre Desenvolvemento Sostible celebrado en Río de Xaneiro en 1992. Igualmente asume os principios e fins dos acordos internacionais relacionados co Programa Home e biosfera, e o Programa do Patrimonio Mundial, ámbolos dous da UNESCO, así como os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Ten como principais liñas de actuación: a investigación, conservación, defensa e uso ordenado e integrado da biodiversidade en beneficio da humanidade; a salvagarda dos pobos e culturas autóctonos; a atención aos problemas da muller e desigualdades de xénero, así como os relacionados coa infancia e a mocidade; a cooperación internacional ao desenvolvemento nos países, sociedades e grupos máis desfavorecidos; e a educación e sensibilización da sociedade respecto aos valores anteriores.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.