SED é unha organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento, de ámbito estatal. A organización xorde como xeito de coordinación dos esforzos solidarios dos Colexios Maristas de España, incluíndo así as súas actuacións nun marco legal que permita a organización de accións de cooperación ao desenvolvemento cos homes e mulleres dos países en vías de desenvolvemento, tendo sempre en conta a súa identidade cultural, a perspectiva de xénero e o respecto ao medio.
O Seminario Galego de Educación para a Paz – Fundación Cultura de Paz, é unha organización sen ánimo de lucro, independente e galiuniversal, que procura facer realidade nas persoas, na cidadanía e nas sociedades, por medio da educación, os valores e principios dunha cultura de paz. O seu ámbito de actuación preferente é a comunidade educativa, así coma organizacións prosociais, institucións públicas e medios de comunicación, tanto a nivel nacional como internacional.
Solidariedade Galega é unha asociación laica e independente, de cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria. Está formada por persoas voluntarias vinculadas ao eido sanitario, que desde 1997 desenvolven proxectos de asistencia e formación sanitario-cirúrxica especializada nos países do Sur.
A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e unha organización non gobernamental. Trátase dunha asociación laica, a misión principal da cal consiste na cooperación exterior cos Campamentos de Refuxiados saharauís en Tindouf (Alxeria)
Solidariedade Internacional de Galicia (S.I) é una ONGD galega independente, laica e progresista. Está asociada a nivel estatal coa Fundación Solidaridad Internacional, a cal traballa desde o ano 1986 no campo da cooperación ao desenvolvemento. Solidariedade Internacional aposta por un tipo de cooperación que non xere novas dependencias e que consolide as bases dun desenvolvemento autónomo.
SOLIDARIOS é unha organización da sociedade civil declarada de interese público. Os obxectivos da organización baséanse no voluntariado social, a cooperación cos pobos empobrecidos do Sur e a sensibilización socia len temas de xustiza socia le solidariedade.
ONG promovida polo sindicato USO e o principal obxectivo da cal se centra en apoiar a extensión do traballo digno. Para esto compaxinan proxectos de cooperación en fortalecemento sindical cos de desenvolvemento. Así mesmo, levan a cabo tarefas de sensibilización en Galicia.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.