Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 2 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 3587 accesos
  • Visitas Total: 439799 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
  • Altermundo
02 de xullo de 2010 00:00 | Presidencia da Unión Europea

A CGONGD SÚMASE ÁS CRÍTICAS DA COORDINADORA ESTATAL ANTE OS POBRES LOGROS DA PRESIDENCIA ESPAÑOLA

 

A Coordinadora Galega de ONGD súmase ás críticas valoracións lanzadas pola Coordiandora de ONG para o Desenvolvemento-España, Intermón Oxfam, e as campañas Acción pola Saúde Global e Móvete pola Igualdade; que cualificaron de “decepcionante” o papel liderado polo goberno español nestes seis meses de Presidencia europea.
 
Segundo se expón no comunicado lanzado por estas entidades, a Presidencia española arrancou a súa etapa cunha clara aposta pola loita contra a pobreza; non obstante, o seu ambicioso obxectivo acadou un pobre resultado ao “sucumbir” o liderado de Zapatero ante ás correntes máis conservadoras e menos favorables ao desenvolvemento. O actual contexto de crise económica e financeira proporcionou unha respaldada escusa para adoptar medidas de axuste económico prexudicando inevitablemente aos sistemas e persoas máis vulnerables, que pagan os efectos dunha crise que non provocaron. Este será un dos temas a tratar na vindeira reunión das Coordiandoras Autonómicas e Estatal que terá lugar en Madrid este sábado día 3 de xullo.
 
Consello Europeo
 
O último Consello Europeo celebrado baixo a presidencia española (xuño de 2010), limitouse a “ratificar o compromiso de destinar o 0,7% da Renda Nacional Bruta (RNB) da UE para Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) no 2015, o mesmo obxectivo que vén ratificando ao longo dos últimos 40 anos e que tan só cumpren na actualidade cinco países donantes”. O escepticismo do Terceiro Sector vese alimentado pola falta de medidas que garantan o logro da reiterada promesa, e polos drásticos recortes na AOD que cada Estado Membro anunciou nos últimos meses. A falla de ambición Europea no eido da cooperación ao desenvolvemento ten como resultado que os 27 países membro acudirán en setembro á Cume de Nacións Unidas sobre Obxectivos do Milenio cunha “proposta pobre, que non só pon en risco os avances acadados nos últimos 10 anos, senón que tampouco fai propostas cribles para os próximos cinco anos”.
 
Ademais dos axustes económicos, a preocupante tendencia á privatización do desenvolvemento viuse incrementada polo aprobado neste último Consello, no que se evidenciou que a Unión Europea pretende deixar nas mans do sector empresarial o financiamento do desenvolvemento (proposta que vai en contra do principio de Coherencias Políticas para o Desenvolvemento recollido no Consenso Europeo do Desenvolvemento de 2005 e no Tratado de Lisboa).
 
Por outro lado, e tal e como se indica no manifesto, a Presidencia española non logrou a aprobación da Comunicación da Comisión Europea sobre xénero (a pesar de que se aprobou o Plan de Acción da UE para a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres no Desenvolvemento). Tampouco acadou o liderado europeo no proceso de revisión da Plataforma para a Acción de Beijing de Nacións Unidas, quince anos despois da súa aprobación.

 

Para ver o comunicado completo, aquí>>
Fuente: Urge otro Europa

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.