Os gobernos autonómicos de Valencia e Madrid son os primeiros en informar de suspensións e reducións nas súas partidas destinadas á AOD.
A Coordinadora Española de ONGD denuncia a situación da política en materia de Axuda Oficial ao Desenvolvemento impulsada polos dous partidos maioritarios. Dúas semanas despois de que se anunciase o recorte de 600 millóns de euros (finalmente 800 millóns), os gobernos autonómicos de Valencia e Madrid comezan a informar de recortes na cooperación descentralizada. Esta modalidade de cooperación, que en España xestiona un 12,71% do total da AOD nacional, resulta fundamental ao garantir unha maior independencia con respecto aos intereses económicos e comerciais, e ao servir de vía para canalizar a participación social da cidadanía española.
Máis información sobre o posicionamento da Coordinadora de ONGD-España aquí.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.