Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 2 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 3114 accesos
  • Visitas Total: 2878848 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
21 de maio de 2010 00:00 | Asemblea Xeral da CGONGD

A Coordinadora Galega de ONGD celebra a súa Asemblea Xeral coincidindo co recorte de 600 millóns de euros en Axuda Oficial ao Desenvolvemento por parte do goberno español

A xuntanza terá lugar mañá sábado día 22 de maio no Centro Comarcal de Salnés, en Cambados

O contexto non pode ser máis propicio para xerar debate e discusión sobre o futuro da Cooperación en Galicia. A Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGOND) celebrarase mañá sábado dia 22 de maio no Centro Comarcal Salnés, unha semana despois de que o goberno estatal anunciase un recorte de 600 millóns de euros en materia de Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) para o ano 2011. O anuncio do executivo central incumpre o Pacto de Estado contra a Pobreza, ademais de poñer en serio perigo o compromiso de acadar o 0,7% da Renda Nacional Bruta (RNB) en AOD o ano 2012. A CGONGD posicionouse esta semana en contra das políticas de recorte social aprobadas para paliar as consecuencias da crise financeira. Unha crise que afecta de forma directa ás persoas que non contribuíron a xerala e que viven en condicións desfavorables, sobre todo nos países empobrecidos.

En tres anos (de 2009 a 2011) o executivo liderado por José Luis Rodríguez Zapatero ten previsto rebaixar un 19,5% o orzamento dedicado a AOD. Esta realidade, sumada a política de austeridade do goberno da Xunta que levou ao recorte do 16% do orzamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE este mesmo ano, obriga aos actores de cooperación a exixir o cumprimento dos compromisos asumidos polos gobernos en materia de AOD.

Na Asemblea Xeral, que comezará as 10 da mañá, trataranse tamén outros temas de interese para o sector da cooperación e votarase a aprobación a posible integración de tres novas ONGD na Coordinadora Galega: ACSUR- Las Segovias, Asociación 1º de Maio Fundación Balms. Tamén pasarán por votación as liquidacións de contas do exercicio anterior e o orzamento definitivo para o 2010, entre outras cousas.

Presentación do traballo feito

As Comisión de Traballo da propia CGONGD, formadas por integrantes de ONGD con delegación permanente en Galicia, presentarán na Asemblea Xeral o traballo feito nos últimos dous anos e as liñas estratéxicas para os próximos meses. E así como as Comisións de Comercio Xusto, Xénero, Educación para o Desenvolvemento, Incidencia Política e Normativa darán a coñecer a todas as ONGD integradas da Coordinadora os logros acadados ata o momento.

Dende 1991, son moitas as ONGD que traballan buscando o fortalecemento do Terceiro Sector e impulsando a conformación dun novo axente de cooperación, a Coordinadora, que as represente como axente único, perante as Administracións públicas e a cidadanía. O momento asembleario deste fin de semana representa o funcionamento democrático e participativo da organización da sociedade civil arredor dos valores da xustiza e a solidariedade.
 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.