Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 5 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1513 accesos
  • Visitas Total: 2877247 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
02 de xuño de 2010 00:00

A Coordinadora Galega de ONGD condena o ataque de Israel contra a flota humanitaria de Gaza

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD) condena o asalto  que o exército de Israel perpetrou onte de madrugada en augas internacionais contra a flota de seis barcos humanitarios que se dirixían a Gaza e que acabou coa vida de polo menos 10 activistas e deixou decenas de feridos/as moi graves.  Á espera que se aclaren os feitos ocorridos, a CGONGD solidarízase coas familias das vítimas deste ataque indiscriminado e apoia aos tres cooperantes do estado español (Manuel Tapia, Laura Arau e David Segarra) que, segundo a axencia EFE, serán trasladados a Madrid nas próximas horas.

O ataque cometido polos soldados israelís contra o persoal civil que forma a flota (uns 750 activistas) tiña o obxectivo fundamental de frear a chegada de axuda humanitaria a Franxa de Gaza, unha zona illada e sen aceso a recursos básicos debido o bloqueo imposto polas autoridades de Israel os últimos anos. Neste sentido, a CGONGD pide o cese inmediato dos ataques de Israel sobre a poboación civil e as accións de axuda humanitaria. E solicita unha condena unánime por parte da comunidade internacional, o cese do bloqueo de Gaza e a investigación dos homicidios perpetrados polos soldados israelís sobre as persoas integrantes da flota humanitaria.

Deste xeito, a CGONGD súmase a condena expresadas, entre outros moitos organismos, pola Coordinadora Española de ONGD.

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.