O curso terá lugar o próximo mércores 16 de xuño na Facultade de Filosofía da USC
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD) organiza o vindeiro mércores 16 de xuño o seminario “A Declaración de París sobre a Eficacia da Exuda” e convida a asistir ao curso ao persoal das ONGD integradas na CGONGD e ao resto de actores galegos da cooperación ao desenvolvemento. O seminario celebrarase no salón de actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (Praza de Mazarelos, s/n, Santiago de Compostela)
Os obxectivos do seminario son difundir a Axenda da Eficacia da Axuda, presentar novas publicacións sobre esta temática e xerar un espazo de debate cos diferentes axentes da cooperación galega.Como relatores participarán Carlos Teijo (USC) e Ignacio Martínez (ICEI). O seminario rematará cun coloquio cos relatores moderado por Irene R. Manzano (USC).
O programa definitivo atópase aquí >>>>
A inscrición ao seminario é gratuíta. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 15 de xuño enviando un correo electrónico ao enderezo sensibilizacion@galiciasolidaria.org indicando a seguinte información:
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.