Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 3 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1601 accesos
  • Visitas Total: 2877335 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
07 de xullo de 2010 00:00

A Coordinadora Galega de ONGD transmite as súas condolencias ás familias das voluntarias falecidas en Perú

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD) transmite as súas condolencias ás familias das catro voluntarias españolas falecidas onte en Perú en un accidente de tráfico. As vítimas colaboraban como voluntarias en distintos proxecto de cooperación ao desenvolvemento na zona de Cuzco.

 

Perú é un dos países prioritarios de actuación para a cooperación galega e española e, polo tanto, unha das zonas nas que hai maior presenza de cooperantes (persoal especializado e contratado por algunha ONGD ou institución) e persoal voluntario, aquel que colabora con organizacións locais ou estranxeiras.

 

Dende 1998, foron catro os/as cooperantes galegos/as que morreron mentres desenvolvían o seu traballo solidario no exterior en prol dun mundo máis xusto. Tres deles morren a causa de accidentes de tráfico en Perú. O 8 de setembro de 2009, coincidindo co Día do Cooperante, a CGONGD e a Xunta de Galicia homenaxearon o traballo desenvolvido por estes catro cooperantes no que constituíu un acto de memoria e de xustiza no recoñecemento do seu labor.

 

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.