Súmase así as críticas da Coordinadora Española de ONGD, que cualifica o anuncio de «pésima noticia»
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD) valora de forma negativa o recorte de 600 millóns de euros en Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) anunciado polo presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, o pasado 12 de maio. A CGONGD súmase así as críticas realizadas pola Coordinadora Española de ONGD e posiciónase en contra dunhas medidas que pretender paliar as consecuencias da crise financeira a costa das persoas que non contribuíron a xerala e que viven en condicións desfavorables, sobre todo nos países do Sur.
O goberno español reiterou en distintas ocasións que mantería os seus compromisos en materia de Axuda ao Desenvolvemento pero o recorte de 600 millóns de euros reducirá, en tan só dous anos, un 11,5% as cifras de AOD. O executivo de Zapatero comprometeuse tamén a través da sinatura do Pacto de Estado contra a Pobreza, e xunto con todos os partidos con representación parlamentaria, a alcanzar o 0,7% da Renda Nacional Bruta (RNB) en
Os recortes anunciados en AOD (600 millóns) afectarán unha parte moi pequena da cantidade total que o goberno pretende aforrar para diminuir o déficit: 15.000 millóns de euros. É por este motivo que a CGONGD aposta por recortar fondos das partidas orzamentarias que non afecten os recursos das persoas máis desfavorecidas e manter así as cifras destinadas á AOD. Dende 2004, os fondos do goberno español dedicados a cooperación para o desenvolvemento creceron de forma exponencial e agora non se deben dar pasos cara a atrás.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.