Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 5 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1258 accesos
  • Visitas Total: 2876992 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
14 de xullo de 2010 12:26

A solidariedade non é un luxo: “Comigo, así non!”

 A Alianza Española contra a Pobreza, formada por máis de mil organizacións, sindicatos e asociacións, rexeita con firmeza o plan de axuste deseñado polo goberno español e aprobado polo Congreso. Hoxe, en pleno debate do estado da nación, a Alianza colle folgos para volver a berrar a súa consigna: Comigo, así non!

 
 Os recortes sociais presentados polo executivo de Rodríguez Zapatero, representaron unha fenda no discurso do goberno que provocou un cambio de escenario político e social que dende a Alianza Española contra a pobreza perciben como permanente. Ademais dos recortes nas políticas públicas, as actuacións do executivo (respaldado pola oposición maioritaria) con respecto á axuda cos países empobrecidos, tamén se basearon no recorte e redución. Ante esta situación, e en pleno Debate da Nación, a Alianza contra a pobreza presentou onte unha batería de medidas alternativas ás anunciadas polo goberno para afrontar a crise económica; unha crise que, segundo afirma esta plataforma non foi xerada por aqueles que van ter que pagala.
Dende onte, 13 de xullo, e ata o vindeiro mércores 21 (día no que se reunirá a Comisión de Seguimento do Pacto contra a Pobreza), a Alianza publicará diariamente no seu blog, unha serie de propostas referidas aos servizos públicos, á Axuda Oficial ao Desenvolvemento, ao cumprimento do Pacto de Estado contra a Pobreza, á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, á reforma do mercado financeiro e á persecución dos paraísos fiscais e a especulación financeira.
Para ler o Manifesto da Alianza Española contra a Pobreza, aquí.
Fuente: Alianza Española contra a Pobreza

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.