Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 5 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 3059 accesos
  • Visitas Total: 2878793 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
16 de xullo de 2010 10:59

A USC organiza un debate sobre a eficacia da axuda e as súas implicacións para a cooperación española ao desenvolvemento

 
Nesta actividade organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Jaime Vera (no marco da Cátedra Dr. Jaime Vera de Emprendemento social) analizaranse os factores que facilitan a eficacia da axuda e os que dificultan nos distintos niveis da Administración e na cooperación multilateral e non gobernamental. O curso, que se realizará en seis sesións, mañá e tarde, durante tres días, ten como finalidade contribuír a elevar a eficacia da axuda para o desenvolvemento dende aquelas institucións nas que as persoas participantes prestan os seus servizos.
 
Entre os poñentes do curso cómpre destacar a Manuel de la Iglesia-Caruncho, Doutor en Ciencias Económicas, Visiting Fellow no Institute for Development Studies (IDS) na Universidad de Sussex; Juan López-Dóriga, Director Xeral de DGPOLDE; Ignacio Martínez, do Instituto Complutense de Estudios Internacionales (ICEI) da Universidade Complutense de Madrid; Juana López Pagan, directora de Internacional e Cooperación da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP); e Juana Bengoa, representante pola Coordinadora Estatal de ONGD na Conferencia de Accra sobre a Eficacia da Axuda.
 
O número de horas lectivas é de 25 e o límite de alumnos e alumnas sitúase nos 150.
Cando? Do 21 ao 23 de xullo.
Onde? Na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
 
Para ver o programa do curso, aquí>>
 

 

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.