Santiago de Compostela. O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD), Xosé Mª Torres, asinaron o convenio que permitirá a execución anual do Plan Estratéxico 2009-2011 da CGONGD, aprobado por unanimidade na Asemblea Xeral Ordinaria do 13 de xuño do ano pasado.
O proxecto aprobado para este ano promoverá o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD a través da consolidación do seu equipo técnico, da promoción da formación do persoal das organización integradas nela, do fortalecemento das 5 comisións de traballo e da potenciación da comunicación interna e externa da CGONGD, entre outros moitos aspectos.
O custe total do proxecto é de 102.000 euros, dos que a Xunta de Galicia financiará 90.000 euros.
Este convenio dará continuidade á colaboración que o executivo galego mantén coa CGONGD no ámbito de educación para o desenvolvemento e o fortalecemento institucional dende 2001.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.