Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 7 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1556 accesos
  • Visitas Total: 2877290 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
24 de maio de 2010 00:00

Acsur Galiza, Asociación 1º de Maio e Fundación Balms intégranse na Coordinadora Galega de ONGD

As tres organizacións, que foron admitidas na Asemblea Xeral anual, elevan a 51 o número total de ONGD integradas na Coordinadora Galega

 

 Santiago de Compostela. Acsur Galiza, Asociación 1º de Maio e Fundación Balms para la Infancia xa forman parte da lista de 51 ONGD integradas na Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (CGONGD). Tal e como estaba previsto na orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria da CGONGD celebrada en Cambados o pasado sábado 22 de maio, as tres ONGD aspirantes presentaron a súa candidatura diante dos e das representantes das organizacións que acudiron ao acto. Despois dun breve debate e da votación pertinente, procedeuse ao reconto das papeletas e comuncóuselles ás tres organizacións que a Asemblea Xeral, o máximo órgano de representación das ONGD, daba luz verde a súa incorporación.

 

A Asemblea Xeral celebrouse no Centro Comarcal Salnés e foi inaugurada polo alcalde de Cambados, Luis Aragunde, quen afirmou que nun contexto de crise financeira como o actual «as administracións deben de manter, e incluso incrementar» o orzamento dedicado a Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD). Precisamente, o acto celebrouse dous días despois que o consello de ministros do goberno español aprobara a redución de 800 millóns de euros en AOD entre 2010 e 2011, unha cifra que supera en 200 millóns os o recorte que o executivo de Zapatero anunciou nun primeiro momento. Esta redución, sumada á de 2009, tradúcese nun descenso do 23,4% dos orzamentos dedicados á cooperación ao desenvolvemento en tres anos. A CGONGD posicionouse a semana pasada en contra deste recorte como medida para reduicr o défeit público porque, entre outros aspectos, afectará de forma moi negativa as persoas que máis sofren as consecuencias da crise financeira global e porque incumpre dun xeito flagrante os acordos asumidos polo executivo no Pacto de Estado contra a Pobreza.

Neste senso, durante o desenvolvemento da Asemblea Xeral quedou patente a preocupación das organización  polo contexto actual e debateuse, entre outros aspectos, a necesidade de atopar vías de financiamento alternativas ás dos fondos públicos para conseguir unha cooperación ao desenvolvemento eficaz.

 

Durante a Asemblea Xeral aprobouse tamén o informe de xestión da directiva,  a liquidación orzamentario do 2009 e o orzamento para o 2010. Ademais as Comisións de traballo da CGONGD presentaron as actividades levadas a cabo ata agora e as futuras liñas estratéxicas. A Asociación AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e a revista Tempo Exterior do IGADI (Instituto Galego de Análise  e Documentación Internacional), como convidadas, presentaron tamén os seus traballos.

 

Acción contra a Fame pecha a delegación en Galicia

Non estaba previsto na orde do día pero a representante de Acción contra a Fame aproveitou a celebración da Asemblea Xeral para comunicar que o 31 de agosto vaise pechar a delación da organización en Santiago de Compostela. A baixada dos orzamentos dedicados a cooperación en Galicia e o cambio de estratexia da organización a nivel estatal son dous dos principais motivos que levaron a ONGD a tomar esta decisión. 

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.