Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 5 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1397 accesos
  • Visitas Total: 2877131 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
13 de xullo de 2010 12:53

As ONGD son as institucións mellor valoradas pola sociedade española

 

Nun contexto de importantes recortes en materia de axuda ao desenvolvemento motivados pola crise económica, resulta imprescindible baixar a ollada cara á cidadanía e contrastar se as actuacións levadas a cabo polos representantes políticos da sociedade se corresponden coa opinión pública. Unha parte do informe “Así nos ven. ¿Qué sabemos y cómo valoramos a las ONGD?” presentado pola Coordinadora Española e a Obra Social “La Caixa” demostra que o 80% da poboación española aposta por manter o traballo das ONGD no contexto actual, onde o impacto da crise está afectando en maior medida ás poboacións máis vulnerables dos países empobrecidos.
 
Tal e como se indica no presente informe, resulta de vital importancia definir o coñecemento que a sociedade ten sobre o traballo do terceiro sector e contrastar a súa correspondencia coa realidade diaria das ONGD. Este foi un dos obxectivos principais dun estudo no que, a través de 800 entrevistas telefónicas e seis grupos de discusión, se conclúe que o 99% das persoas enquisadas mostran o seu apoio ao labor que realiza o sector. As ONGD son as institucións mellor valoradas pola sociedade en relación con outras institucións de relevancia (como partidos políticos, sindicatos ou medios de comunicación) acadando a máxima puntuación media (7 puntos nunha escala do 0 a 10).
Non obstante, este dato contrasta con certas lagoas informativas no tocante aos ámbitos de traballo prioritario das ONGD, o seu modo de funcionamento e as vías dispoñibles para participar no sector. Tan só unha de cada catro persoas é capaz de diferenciar entre ONG e ONG para o Desenvolvemento, unha confusión que leva a atribuír características de unhas a outras. Trátase dunha cuestión sobre a que é importante reflexionar xa que esta desinformación pode derivar nun afastamento das persoas, unha menor participación nas actuacións das ONGD e incluso nunha falla de confianza.
 
Coñecemento específico sobre as ONGD
Unha parte importante do informe dedícase a valorar o coñecemento específico sobre as ONGD comprobando a información relativa a distintos aspectos máis concretos que caracterizan o labor do sector. En relación aos resultados obtidos sobre o financiamento, o 47% das persoas enquisadas opina que os recursos proveñen de fondos privados, mentres que un 35% considera que veñen de fondos públicos (a realidade é que o 54,4% dos recursos son públicos e o 45,6% son privados). Por outro lado, o coñecemento sobre os ámbitos de traballo das ONGD é difuso xa que, aínda que se apuntan as áreas principais de traballo (educación e saúde), existe unha confusión xa que as persoas enquisadas afirman descoñecer nun 28,4% dos casos cales son as áreas de traballo das ONGD.
 
Recomendacións
Entre as recomendacións que propón o estudo destacamos a necesidade de incrementar as canles e a calidade da comunicación coa sociedade a través da creación de vías de comunicación propias (internet), a potenciación da comunicación para o desenvolvemento e a colaboración cos medios de comunicación e as persoas líderes de opinión. Por outra banda, tamén resulta fundamental a promoción de espazos de participación e sensibilización a través da potenciación das actividades de educación para o desenvolvemento e as accións de mobilización.  
 
Para acceder ao informe completo, aquí>>
Fuente: Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento Es

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.