25 de febreiro de 2010 00:00
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA COORDINADORA GALEGA DE ONGD
A Coordinadora Galega de ONGD convoca a todas as súas ONGD asociadas a unha Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o vindeiro xoves, 4 de marzo de 2010, no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Fontiñas, en horario de 19.00 a 20.00 horas.
O motivo que explica a urxencia desta convocatoria é a discusión do borrador do II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2010-2013, que será discutido no Consello Galego de Cooperación ao día seguinte, 5 de marzo.
A idea de base desta Asemblea é xerar un debate arredor do texto do borrador do Plan Director para consensuar unha posición compartida que as/os representantes das ONGD no CONGACODE poidan trasladar ao día seguinte, na reunión do Consello.
Prégase a todas as ONGD integradas a participación nesta Asemblea, dado o carácter urxente do asunto e a importancia do mesmo.