11 de xaneiro de 2010
CAMPAÑA MÓVETE POLA IGUALDADE. Ciberacción
Dentro da Campaña “Móvete Pola Igualdade, é de Xustiza!”, que levan a cabo Entreculturas, InteRed e Axuda en Acción, e para conseguir apoios á axenda de incidencia elaborada pola mesma, podedes asinar a ciberacción que acaban de por en marcha, facendo clik en www.igualiate.org/
O que se solicita ao goberno español é que:
- Cumpra e promova o compromiso de incrementar a AOD ata o 0.7% do PIB, destinándose o 15% desas AOD a cumprir o ODM 3 de fomento da igualdade entre mulleres e homes.
- Que garanta que a AOD española cumpre cos Obxectivos da Plataforma de Acción de Beijing e das Nacións Unidas (CEDAW), acordados internacionalmente arredor dos dereitos das mulleres.
- Que, para contribuír á promoción da participación política das mulleres e á unha contabilización e recoñecemento da súa participación na economía do coidado, promova coa AOD a adopción de medidas de corresponsabilidade entre mulleres, homes e Estado, para facer posible unha mellor conciliación da vida persoal, familiar, comunitaria e profesional.