Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 6 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 454 accesos
  • Visitas Total: 350853 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo
17 de decembro de 2009 00:00

CGONGD. VII Encontro de Coordinadoras Autonómicas de ONGD

Os pasados 27, 28 e 29 de novembro dous membros da Xunta Directiva (Francisco Vallverdú e Xosé Mª Torres) asistiron ao VII Encontro anual de Coordinadoras Autonómicas de ONGD que se celebrou en Toledo, no Castelo de San Servando, organizado pola Coordinadora estatal e a Coordinadora de Castela-A Mancha, e ao que asistiron unhas 50 persoas. Durante os tres días reflexionouse sobre a situación das diferentes Coordinadoras a nivel financeiro e a nivel de representatividade ante as administracións públicas, sobre todo nestas épocas de axustes orzamentarios.

A inauguración contou coa presenza do Conselleiro de Saúde e Benestar Social da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha, Fernando Lamata, e do Presidente da Coordinadora estatal, Eduardo Sánchez-Jacob, que estivo presente e participativo ao longo de todo o encontro.

 

O programa incluíu un obradoiro sobre financiamento das CCAA a cargo da Coordinadora Valenciana, que fixo unha exposición sobre cal é a situación nas diferentes coordinadoras. Nesta exposición reflectiuse as diferenzas existentes entre CCAA e as diferenzas de formas e métodos de conseguir financiamento (convenios, cotas ás ONGD asociadas, financiamento con banca ética, fondos de seguridade...).

 

Así mesmo presentouse un informe sobre a AOD autonómica, realizado polas Coordinadoras de Andalucía, Euskadi e Galicia. Neste informe recadouse información da AOD nas diferentes CCAA (esforzo orzamentario, existencias de plans directores, plans anuais, leis de cooperación...). Reflectiuse outra vez as diferenzas a nivel autonómico da AOD entre autonomías que se achegan ao 0,7% e que traballan cunha aposta clara da administración, e outras que non se achegan nin de lonxe a eses compromisos.

Houbo así mesmo un espazo para presentar de modo breve iniciativas de diferentes Coordinadoras, denominado “Zoco de experiencias”, que permitiu coñecer variadas e ricas experiencias no ámbito do xénero, do traballo en común, das novas tecnoloxías, etc.

 

Por outro lado, Mª Luz Ortega (autora da Estratexia de EpD da Cooperación Española- AECID) fixo unha exposición da importancia da EpD nas políticas de cooperación estatais e como isto tería que implicar tamén á cooperación local. “EpD: unha responsabilidade de todos e todas” foi o titulo da súa exposición.

 

Posteriormente a Coordinadora Andaluza presentou un estudo sobre a situación da EpD nas CCAA, situando as estratexias da EpD das diferentes Comunidades Autónomas dentro das diferente etapas da EpD (5 etapas) valorando a existencia ou non de plans específicos de EpD, a definición de EpD nas leis ou nos plans directores e as accións de EpD realizadas polas ONGD. A conclusión foi que tanto as administracións como as ONGD estamos en etapas primarias da EpD e que nos queda moito por camiñar.

 

Finalmente, fíxose unha avaliación e planificación do traballo a realizar en 2010 polo grupo de Coordinadoras Autonómicas

 

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.