Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 4 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1070 accesos
  • Visitas Total: 2876804 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
08 de setembro de 2010 03:13

Día do/a Cooperante

Galicia conta con 102 cooperantes traballando no exterior

O rexistro de cooperantes, presentado hoxe pola Xunta, mostra unha cifra de persoal galego expatriado maior á estimada polo sector

A Coordinadora Galega de ONGD non comparte o interese do executivo de computar os e as misioneiros/as neste censo, por constituír dous colectivos con obxectivos distintos e, as veces, contrapostos

 

Santiago de Compostela. O 8 de setembro celébrase o Día do/a Cooperante en todo o Estado español dende que en 2006, nesta mesma data, o Consello de Ministros  aprobou o estatuto do/a cooperante. A aprobación deste marco normativo, reclamado polo sector, marcou un antes e un despois na dignificación do traballo deste colectivo.

Este ano, o 8 de setembro foi a data escollida pola Xunta de Galicia para presentar o Rexistro de Cooperantes Galegos/as no Exterior, unha iniciativa proposta pola Coordinadora Galega de ONGD (CGONGD) que o goberno galego incluíu no Plan Anual de Cooperación 2010. Neste documento, acordouse elaborar un censo actualizado dos “cooperantes galegos/as que desempeñan o seu labor no ámbito da cooperación ao desenvolvemento ou da acción humanitaria, tanto dun modo profesional coma voluntario”  co obxectivo de “ter un mellor coñecemento da realidade do sector” e  “compartir experiencias e informacións de interese”.

Os resultados do censo amosan que 102 cooperantes galegos/as traballan no eido da cooperación ao desenvolvemento, maioritariamente en América do Sur, Centroamérica e o Caribe, e que máis da metade son mulleres menores de 35 anos cunha experiencia de traballo inferior a 5 anos. Esta cifra total de expatriados/as duplica as estimacións feitas polo propio sector, o cal é valorado «moi positivamente» pola CGONGD. Acceder ao rexistro >>>>

Por outra lado, o censo tamén recolle información arredor do perfil dos e das misioneiros/as que traballan no exterior ao servizo dalgunha das cinco dioceses galegas. O interese da Xunta por computar os/as misioneiros/as nun rexistro de cooperantes non é compartido pola Coordinadora Galega de ONGD  quen considera que os obxectivos fundamentais dos dous colectivos son moi distintos e, nalgúns casos, contrapostos.  

É importante lembrar que os e as cooperantes que traballan no exterior o fan en prol da solidariedade entre os pobos, coa cidadanía dos países máis empobrecidos e coa vontade de acadar unha mellor calidade de vida a través da promoción e defensa dos dereitos humanos, da construción de infraestruturas básicas educativas, sanitarias, sociais e da loita contra a discriminación, a desigualdade e a inxustiza. E coidando de non modificar os hábitos culturais ou as crenzas das poboacións locais.

 Cooperantes e voluntariado

Un ano máis cómpre salientar que unicamente se entende por cooperante a aqueles profesionais que traballan no exterior cunha vinculación laboral. Sen esa vinculación laboral non podemos falar de cooperantes, senón de voluntarios/as ou ben de misioneiros/as.

Precisamente este ano, o Día do/a Cooperante ben marcado por un debate en relación a idoneidade das caravanas solidarias e dos viaxes solidarios a zonas de risco. Neste sentido, a Xunta Directiva da Coordinadora Galega de ONGD ten emitido un posicionamento. Para ler o documento aceder aquí >>>

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.