Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 5 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 449 accesos
  • Visitas Total: 350848 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo
13 de xaneiro de 2010 00:00

EMERXENCIA EN HATÍ

 EMERXENCIA EN HATÍ

Galicia está a participar directamente na emerxencia, a través da sociedade civil que representan as ONGD galegas e tamén a través da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia

SE QUERES COLABORAR podes facelo a través dos números de conta abertos ata o momento por varias organizacións. 

 
21/01/2010. Acción contra a Fame contaba en Haití, no momento do sismo, cunha misión no país, dende 1985, integrada por un equipo de cinco persoas expatriadas e 100 traballadoras/es locais.
Algunhas cifras da intervención de ACF:
·        Equipo especial de urxencia desprazado á zona: 30 persoas (prevese chegar a 50)
·        Traballadoras/es locais en Porto Príncipe: 70 (estase a recrutar xente ata 500 persoas)
·        Toneladas de axuda desprazadas: 110
·        Beneficiarias/os: 35.000 persoas
Contas habilitadas para donativos
CAIXA GALICIA 2091 / 0730 / 06 / 3040027344
CAIXANOVA 2080 / 0156 / 40 / 0040007672
Referencia: Emergencia Haití
 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
13/01/2010. Dende ACPP están xa a facer o estudo de necesidades no país e teñen habilitado tamén un número de conta para os donativos.
Conta habilitada para donativos
La Caixa número 2100 5731 79 0200012540
 
AXUDA EN ACCIÓN
20/01/2010. O persoal de ActionAid, organización a través da que Axuda en Acción canaliza a axuda a Haití, subministrou xa alimentos a 2.550 persoas en Mariani, un dos barrios máis pobres de Porto Príncipe. Hoxe ActionAid empezou a distribuír medicamentos básicos e pastillas para purificar auga. Tamén distribuíu fariña, aceite e millo e conseguiuse un depósito para almacenar as tendas de campaña, mantas, cueiros, roupa e outros elementos esenciais que se repartirán en breve. Nas próximas semanas a organización tratará de chegar coa súa axuda a 20.000 persoas. En Mariani, a organización distribuíu caixas de preparado alimenticio de manteiga de cacahuete para alimentar 2.550 persoas. Xa se pediron a República Dominicana 3.000 tendas de campaña, 20.000 mantas, 2.000 caixas de toallas sanitarias, 1.000 caixas de cueiros, 15.000 unidades de pasta de dentes e cepillos, 9.000 colchóns, 20.000 paquetes de rehidratación, 10.000 pezas de roupa interior para mulleres e nenas.
Contas habilitadas para donativos:
Banco Sabadell Atlántico nº 0081-5136-70-0001194221.
La Caixa nº 2100-2262-13-0200206814.
BBVA nº 0182-4572-46-0208013826.
Caja Madrid nº 2038-1052-41-6000793039.
Banco Santander nº 0049-0001-50-2610020001.
Para máis información: http://www.ayudaenaccion.org/index.asp?TC=A&IDC=867
 
CÁRITAS
14/01/2010. Cáritas España envía 175.000€ a Cáritas Haití para apoiar no Plan de Axuda de Emerxencia. Ademais, sete expertos españois voan cara ao país para colaborar nos labores de auxilio ás víctimas.
Contas habilitadas para donativos:
SANTANDER- 0049-1892-64-2110527931
BBVA- 0182-2000-21-0201509050
LA CAIXA -2100-2208-39-0200227099
BANESTO -0030-1001-38-0007698271
CAJA MADRID - 2038-1028-15-6000969697
POPULAR - 0075-0001-81-0606839307
SABADELL-ATLANTICO - 0081-0216-74-0001306932
 
CRUZ VERMELLA
14/01/2010. A Cruz Vermella Española ten previsto desprazar a dúas persoas da unidade de emerxencias con experiencia en Haití, para apoiar á delegación de Haití. Ademais alertouse ao persoal da delegación do país, que se atopaba de vacacións, así coma a todos os membros dos ERUs (Emergency Response Unit), un total de 500 persoas teñen sido alertadas ante un posible desprazamento ao país.
15/01/2010. A Delegación de Cruz Vermella-España en Haití completarase con 4 persoas e un comboio de axuda humanitaria e vehículos de emerxencia que chegarán a madrugada do sábado 15 de xaneiro. Os equipos da Unidade de Resposta ante Emerxencias de Telecomunicacións e a Unidade de Resposta ante Emerxencias de Auga e Saneamento, están ultimando os preparativos para saír previsiblemente o sábado. Ademais, ultímanse tamén os detalles para a saída de tres voos para o mesmo sábado 16; un dende Madrid coa ERU de auga, un dende Barcelona con suministros e outro dende Cananarias con dous vehículos e os equipos de soporte para as unidades de emerxencia.
Contas habilitadas para donativos
Caixa Galicia:    2091-0000-37-3040162319   Banco Pastor:  0072-0101-97-0000144000 
 
15/01/2010 ESF traballa dende faia nos na zona fronteiriza entre Haití e República Dominicana para garantir o acceso á escola da poboación haitiana. Dende CEAAL (Comisión de Educación de Adultos de América Latina) e da súa representación en Dominicana (CEDEE), solicítanlle a ESF asistencia para o soporte organizativo da poboación.
ESF atópase neste momento traballando coas ONGD locais para deseñar as accións máis pertinentes.
Contas habilitadas para donativos
Triodos Bank: 1491 0001 20 0010007427
 
ENTRECULTURAS
20/01/2010. O Director do Servizo Xesuíta a Refuxiados e Migrantes en República Dominicana, Mario Serrano, xa se encontra en Porto Príncipe ao fronte dunha comisión de avaliación das necesidades e distribuíndo a axuda de emerxencia chegada desde República Dominicana. Segundo teñen comunicado, nestes intres están a organizar á poboación dos barrios con presenza da Compañía de Xesús co fin de implicala na autoxestión da distribución da axuda humanitaria ante a situación de inseguridade que se vive.
Contas habilitadas para donativos
Santander 0049 0496 83 2010200200
BBVA 0182 4000 62 0208002127
Caixa Galicia 2091 0000 32 3040167812
Caixa Nova 2080 0151 11 0040025569
Máis  información: Tfno. 902 444 844
  
14/01/2010. A área de Loxística Humanitaria de Farmamundi-España ten posto en marcha xa o seu dispositivo de emerxencia, e enviará hoxe, 14 de xaneiro, máis de 3.5 toneladas de medicamentos esenciais e material sanitario a Haití. En concreto envíanse dous kits de emerxencia para atender a 20.000 persoas durante 3 meses, tres kits de acción inmediata, tres de obstetricia, tres de traumatoloxía e tres máis de pediatría.
Estes envíos, coordinados pola AECID, están cofinanciados, entre outros, pola Fundación Axencia Humanitaria de Galicia. Sairán esta tarde ás 16.00 horas de Torrejón de Ardoz cara á Embaixada española en Haití.
Así mesmo, Farmamundi e os seus socios locais en Haití, as organizacións MOSCTHA e CEFODEC están identificando no terreo as necesidades básicas.
Contas habilitadas para donativos
La Caixa 2100 / 4485 / 95 / 0200021721
Caixa Nova: 2080/0226/66/0040000277
 
Contas habilitadas para donativos
BBVA: 0182 5709 42 0201502254
 
CUME traballa en Haití de forma estable desde 2007 no sector da educación. Os seus socios locias son a Comunidade Salesiana en Haití, as Fillas de María Auxiliadora e os Salesianos de Don Bosco. Na data da catástrofe, tiñan dous proxectos que se executaban en: Porto Príncipe, Jacmel, Les Cayes e na comuna de Cavaillon. Estes proxectos están financiados pola AECID, a ONGD belga ACTEC e cos propios de Fundación CUME. Nestes momentos contan cunha cooperante expatriada en Haití, Emmanuelle Boutier, e tamén teñen a disposición da emerxencia a súa oficina de proxecto en República Dominicana e ao expatriado Javier Ordovás.
Para máis información
Ángel Bañobre
Tfno. 986 20 77 99
Contas habilitadas para donativos
Caixa Galicia: IBAN ES06 2091 0501 6430 4004 1111. BIC (SWIFT) CAGLESMM
 
14/01/2010. Ao longo do día de onte, dende InteRed puxéronse en contacto coa delegación de InteRed en República Dominicana, as súas contrapartes locais e a Institución Teresiana do país para recabar información da realidade de Haití. As contrapartes locais de InteRed que están participando na emerxencia, con persoal desprazado á zona para a avaliación de necesidades, participación nos comités de emerxencia na fronteira e primeiros envíos de alimentos e menciñas son: Centro Puente; Sociedad Cultural Almirante Colón Partido; Movimiento de Mujeres Dominicano-Haitiano MUDHA e Cenntro Poveda.
15/01/2010. A delegación de InteRed en República Dominicana, xunto con 30 organizacións europeas e locais, teñen organizado un Comité de Emerxencia dentro do Foro Axuda a Haití, plataforma da sociedade dominicana para a canalización da axuda. O Comité de Emerxencias, operativo na fronteira e Santo Domingo, acordou a organización de catro comisións de acción: Relacións binacionais (coordinada por InteRed), saúde, infrastruturas e voluntariado. Así mesmo, habilitouse un centro de acopio para a distribución de axuda.
Contas habilitadas para donativos
Banco Santander: 0049 - 0001 - 54 - 2210022331
 
INTERMÓN OXFAM
PRIMEIRAS FOTOS DA ACTUACIÓN DE INTERMÓN EN HAITÍ
20/01/2010. O equipo de Oxfam Internacional en Porto Príncipe xa escomezou a distribución de auga potable a unhas 10.000 persoas afectadas, en diferentes barrios da cidade a través da instalación de catro depósitos de auga potable.
25/01/2010. Intermón Oxfam pide aos doadores que cancelen a débeda de Haití. O cumio de xefes de Estado do luns en Montreal debe acordar a cancelación da débeda externa de Haití, -unha débeda de 740.000.000 de euros-, segundo esixe a ONGD. Esta é unha das cinco prioridades que Oxfam Internacional sinala como imprescindible para a reconstrucción da illa. Ademais, a organización tamén esixe aos 16 xefes de Estado que se reunirán en Montreal, no cumio “Amigos de Haití”, que defendan con claridade o rol dos corpos armados internacionais, e deixen claro que esas forzas só operarán baixo o liderato das Nacións Unidas e do goberno haitiano, xa que dúas semanas despois do terremoto, aínda non se sabe como EEUU e os grandes doadores internacionais coordinan a súa asistencia.
Contas habilitadas para donativos:
La Caixa 2100-0765-81-0200111128
Santander 0049-1806-91-2111869471
Caja Madrid 2038-8978-17-6000016604
Caixa Catalunya  2013-0500-16-0213198878
BBVA 0182-6035-49-0201502475
Banc Sabadell Atlántico 0081-7011-11-0001698879
CAN 2054-0300-51-9157609596
Triodos Bank 1491-0001-21-0010010201
Caixa Galicia:  2091-0000-36-3040192126
 
MADRESELVA
13/01/2010. Dende a ONGD Madreselva están intentando contactar coas Irmás Salesianas de Haití, a contraparte local dos proxectos de cooperación que a organización ten no país. Non o teñen conseguido ata o momento, pero si teñen contactado coas Irmás Salesianas en República Dominicana, que lles teñen comunicado que os Salesianos sufriron o derrubamento dun dos seus centros escolares con alumnos nas aulas.
Contas habilitadas para donativos
BSCH: 0049-6113-68-2816148798
Caja Madrid: 2038-1079-06-6000507942
La Caixa: 2100-1649-12-0200102956
 
MANS UNIDAS
Contas habilitadas para donativos
Banco Santander: 0049-1892-63-2210525246
 
20/01/2010. Un equipo de Médicos do Mundo España, formado por 5 persoas, parte hoxe cara a Haití para reforzar ao persoal no país e á misión que traballaba en Haití antes do terremoto. Unha coordinadora médica, dúas enfermeiras, un loxista e un coordinador administrativo forman o equipo. Este equipo viaxa con 300kg de equipo cirúrxico e organizará unha célula loxística na fronteira Haití-República Dominicana, para monitorear a situación nesta zona. Parte do persoal da sede dominicana de Médicos do Mundo xa está a traballar no hospital Choscal de Cité Soleil, en Porto Príncipe.
Contas habilitadas para donativos:
Caixa Galicia: 2091 0000 33 3040163060
Teléfono de información: 902 05 05 05
 
14/01/2010. Fundación PROCLADE acaba de reactivar a campaña de emerxencia con Haití que xa tiña posto en marcha no país para facer fronte aos efectos dos furacáns de 2008.Ata o momento, a ONGD traballa no apoio á súa contraparte local en Haití, os Misioneiros Claretianos de Antillas, para dar resposta á catástrofe a través do envío de axuda humanitaria, a atención a damnificados, a busca de desaparecidos e a limpeza das zonas afectadas.
Contas habilitadas para donativos
Santander Central Hispano: 0049 3283 56 2015006031
 
20/01/2010. A representante de SI en Haití viaxará o mércores ás zonas rurais do sudeste de Haití para colaborar na coordinación da axuda de emerxencia nese departamento. O traballo de SI, xunto coas súas contrapartes locais, CROSE, ATEPASE e ABCAB, centrarase en labores de coordinación e avaliación da situación para determinar as necesidades básicas, e logo traballarán en asistencia sanitaria básica e hixiene, alimentación, auga potable e refuxio, así coma na rehabilitación e construción de vivendas. A axuda articularase a través das entidades da sociedade civil que existen no país. Os fondos recadados empregaranse na fase de post emerxencia e reconstrución, o que tamén servirá para apoiar o traballo que SI vén desenvolvendo en Haití dende 2004 (producción, transformación e comercialización de alimentos, fortalecemento da sociedade civil e fortalecemento das municipalidades)
Contas habilitadas para donativos
CAIXA GALICIA : 2091 0530 39 3040011953
CAIXANOVA : 2080 0140 17 0040019075
BANCO PASTOR : 0072 0290 37 0000101279
 
26/01/2010. Terra de Homes, traballa dende fai uns 20 anos en Haití, en proxectos de atención sanitaria básica e nutrición no Distrito Sur. Así, despois da catástrofe, a organización, asumiru a responsabilidade do dispositivo de emerxencia neste distrito.
A través do proxecto de atención sanitaria, estase a contribuír a prestar axuda ás vítimas do desastre. Os 57 membros do equipo de Les Cayes da organización (enfermeiras e paramédicos) están apoiando aos equipos médicos e atendendo ás persoas feridas no hospital da Inmaculada. Ademais, Terra de Homes-Laussane, acaba de enviar un equipo de emerxencia a Haití, formado por persoas especialistas en situacións de emerxencia en América Latina, que avaliará as necesidades das vítimas nos suburbios de Porto Príncipe.
15/01/2010. Unicef está a enviar suministros urxentes ás zonas afectadas polo terremoto. En coordinación co resto de axencias de NNUU e Cruz Vermella, Unicef atende as necesidades de nenas/os e mulleres, a poboación máis vulnerable neste tipo de crises. Un avión de carga aterrizou onte pola tarde con suministros por valor de 500.000€ para axudar a unhas 10.000 persoas, que inclúen sales para rehidratación oral, pastillas potabilizadoras, lonas e tendas para teito provisional. Espérase que aterre hoxe mesmo outro avión con máis material de emerxencia.
Contas habilitadas para donativos
BBVA: 0182 5906 81 0010033337
Banco español de Crédito: 0030 8301 78 0000046271
Banco Popular Español: 0075 0001 87 0606914075
Santander: 0049 0001 59 2810100005
Caja Madrid: 2038 1043 19 6000877505
La Caixa:2100 5731 70 0200005001
Tfno. para donativos: 902255505
Web para donativos: www.unicef.es.

 

Dende a Fundación Axencia Humanitaria de Galicia fixeron unha aportación, a través da AECID, de 15.000€ para a dotación de material hixiénico destinado á emerxencia. Hoxe mesmo, 20 de xaneiro, comunicaron que ademais desta doazón incial, a FAHG achegará preto dunha tonelada de material sanitario de emerxencias a Haití. Será a través de dous equipos valorados en máis de 10.000 euros e pertencentes ao Fondo de Emerxencias que a FAHG creou en colaboración coa ONG Farmamundi. O envío farase a través do novo operativo que a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) puxo en marcha esta semana.En concreto, a FAHG enviará un equipo sanitario de emerxencias IEKH 06 e outro de acción inmediata. O IEKH está pensado para cubrir as necesidades sanitarias dunha poboación de 10.000 persoas durante 3 meses, e contén, entre outros, medicamentos inxectables, antibióticos, formulacións pediátricas, xiringas, agullas, guantes, material de esterilización e de aprovisionamento de auga, etc. O equipo de Acción Inmediata consiste nun equipamento lixeiro para brigada médica/ambulancia que permite o seu traslado inmediato xunto coas brigadas sanitarias para que presenten asistencia nun primeiro momento sen depender da chegada de materiais. Ademais, a Xunta de Galicia atendeu á petición de colaboración efectuada pola Cruz Vermella e destinará 10.000 euros a esta organización para contribuír ao envío a Haití do equipamento necesario para poñer en marcha unha planta que garanta o subministro de auga potable.

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.