As choivas monzónicas que dende hai dúas semanas están afectando Pakistán cobráronse ata agora máis de 1.600 vidas e, segundo estimacións do propio goberno, o número de persoas damnificadas podería chegar aos 14 millóns nos próximos días. As choivas torrenciais ininterrompidas xa afectaron a maioría do territorio pakistaní e provocaron inundacións e riadas en todo o país, o cal está dificultando as operacións de rescate e emerxencia. Segundo as previsión, nos próximos días seguirá a chover e a situación actual, cualificada como a peor catástrofe da historia recente de Pakistán, podería empeorar aínda máis.
A prioridade dos equipos de emerxencia presentes no país é evacuar as persoas que están atrapadas e provelas de servizos básicos como auga potable, atención sanitaria, kits de hixiene, tendas de campaña e utensilios para cociñar. As autoridades sanitarias xa alertaron da detección dos primeiros casos de cólera, malaria e diarrea severa e se teme pola aparición de brotes de estas enfermidades.
Distintas organizacións como Intermón Oxfam, Cruz Vermella (Comité Internacional), Cáritas, Axuda en Acción (Action Aid), Médicos do Mundo e Médicos sin Fronteras, que traballan en Pakistán dende hai anos, están a levar a cabo accións de evacuación e emerxencia xunto cos seus socios locais.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.