Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 6 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 455 accesos
  • Visitas Total: 350854 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo
04 de marzo de 2010 00:00

ESF. Convocatoria Extraordinaria 2010 do Programa de Coñecemento da Realidade

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) abre unha convocatoria extraordinaria para participar no Programa de Coñecemento da Realidade 2010, previa á convocatoria ordinaria que se presentará máis adiante.

As persoas voluntarias que participen neste programa de Educación para o Desenvolvemento, realizarán unha estancia nun país do Sur durante un período de tempo o suficientemente longo como para coñecer a realidade do lugar (mínimo 2 meses), cunha formación previa e un período de difusión do aprendido á súa volta. A persoa voluntaria colaborará co seu traballo nunha serie de actividades definidas previamente por ESF nos seus proxectos coas súas copartes.
 
As persoas interesadas deben enviar un breve CV cos datos máis relevantes para a praza, xunto cunha carta de motivación, ao correo proxectos@galicia.isf.es, especificando o nome da praza á que se presenta.
 
A data límite para a presentación de solicitudes é o Luns 15 de Marzo do 2010.
 
As bases da convocatoria están dispoñibles na web de ESF: http:\\galicia.isf.es

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.