Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 5 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 463 accesos
  • Visitas Total: 350862 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo
24 de febreiro de 2010 00:00

IGADI. Informe We in the World 2010: Nós no mundo

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), dirixido por Xulio Ríos, ven de publicar o primeiro informe anual IGADI WW- We in the World 2010: Nós no Mundo”,baixo o título “A acción exterior na axenda galega”, un documento que pretende sensibilizar e reflectir sobre os principais parámetros e retos da acción exterior de Galicia en 2010.
 
>> descargar o informe

 

Así, oIGADI WW 2010”, nun marco de pluralidade, reúne unha serie de análises e reflexións sobre diversas áreas de actuación para a acción exterior de Galicia, o seu estado actual e as prioridades e retos a curto e mediano prazo. Neste sentido, reflexiónase sobre as potencialidades da posta en marca por parte da Xunta de Galicia do Consello de Acción Exterior (Xulio Ríos), das vicisitudes e implicacións dos secuestros dos nosos mariñeiros e a urxencia de dotarse de mecanismos apropiados para afrontar estas situacións dende a propia comunidade autónoma (Martínez Puñal), dos principios para a internacionalización da empresa galega (Fernando Bruna) e dos retos para Galicia no 2010 ante a Política Pesqueira Común da UE (Xavier Vázquez).
 
Portugal e o mundo lusófono posúen un peso relevante neste informe, principalmente centrado na análise da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (Celso Cancela Outeda) ou a conveniencia de abrir unha delegación da Xunta de Galicia en Lisboa (Gonzalo Mitchell Tenreiro). A emerxencia de Brasil no contexto internacional ofrece unha oportunidade interesante para Galicia (Raúl Juste Lores), ata agora desafortunadamente pouco aproveitada.
 
Os novos desafíos para a cooperación ao desenvolvemento (Carlos Teijo García), o preocupante déficit demográfico galego (Manuel Blanco Desar), os retos ante as transformacións do sistema educativo europeo (Iván Area) e o peso de Galicia no Foro de Cultura de Paz 2010 a celebrarse en Santiago de Compostela (Manuel Dios Diz), completan esta serie de análises e reflexións sobre a dimensión internacional de Galicia e a súa acción exterior, preocupación esencial reflectida no IGADI WW 2010”.

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.