Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 3 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 387 accesos
  • Visitas Total: 88160 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:
16 de decembro de 2009

MÉDICOS SEN FRONTEIRAS. EU NON ESQUEZO

Desde Médicos sin Fronteras acaban de lanzar unha nova Campaña de sensibilización denominada "Enfermos Olvidados".

Durante todo o ano 2010 queren informar á sociedade Galega da realidade de millóns de persoas que padecen algunha das chamadas Enfermedades Esquecidas.

Centraranse en 6 destas enfermidades que MSF trata diariamente: O Chagas, Kala Azar, Malaria, Enfermidade do sono, Tuberculose e Sida Pediátrico. Todas elas teñen diferencias clínicas, cada unha é causada por un parásito ou virus diferente, as súas consecuencias non son iguais,..... Sen embargo todas teñen en común que se cobran a vida de 8.000 persoas cada día. Persoas pobres que viven nos países en vías de desenvolvemento e que non interesan nin aos gobernos, nin á Comunidade Internacional, nin ás farmacéuticas, nin aos medios de comunicación.

Por iso desde Médicos sin Fronteras fan un chamamento para evitar que anualmente morran 3 millóns de persoas que están esperando un tratamento para algunha destas 6 enfermidades que teñen curan. Piden que os gobernos, os institutos de investigación e as farmacéuticas empecen a inverter máis recursos para mellorar a I+D destas enfermidades, conseguir probas de diagnóstico axeitadas e adaptadas ás realidades dos países en vías de desenvolvemento, novos tratamentos eficaces, non tóxicos, asequibles e adaptados e probas de curación.

Non podemos seguir permitindo que estas persoas esquecidas sigan morrendo por falta de vontade política. Por iso, pedimos a túa axuda para difundir a súa realidade. Porque a peor enfermidade é o NOSO ESQUECEMENTO.

Podes entrar no cibermaratón MSF en: http://www.yonolvido.org.

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.