Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 2 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1077 accesos
  • Visitas Total: 2876811 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
12 de xullo de 2010 11:09

Nace «ONU Mulleres»

O pasado 2 de xullo, a Asemblea Xeral da ONU aprobou por unanimidade a creación dunha nova entidade para a igualdade de xénero e empoderamento das mulleres que terá o nome de “ONU Mulleres”.

 

 

Nunha decisión cualificada de “histórica”, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, despois de anos de negociacións, aprobou a creación da Entidade das Nacións Unidas para a Igualdade de Xénero e o Empoderamento da Muller (que se coñecerá como UN WOMEN).

 

O novo organismo reúne a catro entidades que, ata o de agora, traballaron de xeito independente dentro do sistema das Nacións Unidas:

 

  • A División para o Adianto da Muller (DAW, establecida en 1946); división do Departamento de Asuntos Económicos e Sociais da ONU (DAES) que avoga pola mellora da condición das mulleres e o logro da igualdade de xénero.

 

  • O Instituto Internacional de Investigacións e Capacitación para a Promoción da Muller (INSTRAW, establecida en 1976).

 

  • A Oficina do Asesor Especial en Cuestións de Xénero e Adianto da Muller (OSAGI, establecida en 1997), que ten como obxectivo a promoción e a execución efectiva da Declaración do Milenio, a Declaración de Beijing e a Plataforma de Acción da Cuarta Conferencia Mundial sobre as Mulleres (CCMM) e o Documento de resultados da Sesión Especial da Asemblea Xeral sobre Beijing+5.

 

  • O Fondo de Desenvolvemento para a Muller (UNIFEM, establecido en 1976), que proporciona asistencia financeira e técnica a programas e estratexias innovadoras que promovan os dereitos das mulleres, a súa participación política e a súa seguridade económica.

 

 ONU Mulleres, que entrará en operacións en xaneiro de 2011, será, segundo asegura Nacións Unidas, unha entidade que defenda con dinamismo e fortaleza ás mulleres, outorgándolles unha voz poderosa nos ámbitos mundial, rexional e local. O novo organismo terá dúas funcións primordiais: dar apoio ás entidades intergobernamentais (como a Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller) na súa formación de políticas e estándares, dando, cando sexa preciso o apoio técnico e financeiro axeitado para axudar aos países que o precisen, así como para establecer alianzas eficaces coa sociedade civil. Tamén axudará ao sistema da ONU a render contas dos seus compromisos en materia de igualdade de xénero, incluíndo o monitoreo contínuo dos progresos dentro do sistema.

 

Para máis información, aquí

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.