Todos os partidos políticos con representación no Congreso, entre eles os tres que contan con deputados/as elixidos/as en Galicia, reiteran o seu compromiso de loita contra ás causas que xeran a pobreza
Todos os partidos políticos con representación parlamentaria no Congreso dos Deputados reiteraron a semana pasada o compromiso de loitar contra a pobreza e «facer da política de cooperación internacional unha política de Estado». Estas palabras, incluídas na declaración resultante da cuarta comisión de seguimento do Pacto de Estado contra a Pobreza asinado o 19 de setembro de 2007, deixan patente que o actual contexto de crise no pode, nin debe ser unha escusa para que os partidos e o goberno retrocedan nos seus compromisos en materia de cooperación ao desenvolvemento.
Dende a firma do Pacto, lográronse avances como a reforma da disposición adicional 18 da lei xeral de subvencións, a reforma, aínda en marcha, dos créditos FAD e a asunción de compromisos de cancelación da débeda. Aínda así, son moitos os pasos que quedan por acadar. Neste sentido a Comisión de seguimento comprometeuse a traballar na coherencias das políticas españolas coas políticas de desenvolvemento, a mellorar a calidade desa última e a aumentar o orzamento dedicado a Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD). Un compromiso que a día de hoxe o goberno español non está cumprindo despois da aprobación do recorte de 800 euros destinados a cooperación entre 2010 e 2010.
Por outra parte, a Comisión comprometeuse a traballar para redefinir a estratexia multilateral da axuda española e para mellorar a transparencia e a rendición de contas parlamentaria, fortalecendo a participación da sociedade civil como actor relevante da cooperación.
A próxima reunión da Comisión terá lugar o último trimestre deste ano o cal permitirá analizar se os esforzos da Cooperación Española dirixidos á consecución dos ODM estanse a cumprir, ou non.
Para ler o Pacto de Estado contra a Pobreza, asinado polos 13 partidos políticos con escaños no Congreso e a Coordinadora Española de ONGD - España, acceder aquí >>>>
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.