A tan só uns días do remate do “espectáculo futbolístico” de carácter global que concentrou as olladas e as tensións dunha grande parte do mundo, o Terceiro Sector deixa un ronsel de lemas futbolísticos alternativos, actividades, estudos, informacións e campañas que resulta interesante rescatar para poder conformar a “outra” visión do Mundial de Sudáfrica 2010.
En cantas Sudáfricas se celebrou o Mundial?
Sudáfrica, país democrático e teoricamente reconciliado, é o primeiro estado africano que consegue albergar un Mundial de Fútbol. As nove cidades nas que se estiveron a celebrar os distintos partidos viviron unha explosión de inversión, construción e afluencia de xogadores, equipos e seguidores, que semella vai repercutir moi positivamente na estrutura económica do país. Os medios mostran a un país seguro e reforzado economicamente, cun pasado xenófobo que só persiste nos edificios carcerarios e nas lembranzas das persoas. Non obstante, as distintas organizacións sociais que traballan no terreo, non comparten ese optimismo falto de análise e lembran que, pese a chegada da democracia en 1994, Sudáfrica segue a ser un dos países con máis desigualdade do mundo.
Aunando esforzos: campaña 1 Gol pola Educación
A Campaña Mundial pola Educación fíxose un oco no panorama futbolístico ao aproveita reste acontecemento para avanzar nos compromisos públicos das autoridades políticas. O obxectivo último da Campaña é acadar o apoio de máis de 30 millóns de persoas, pois toda sas firmas se presentará no vindeiro mes de setembro na Cume de Revisión dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio en New York.
En Vigo presentouse o pasado 7 de xullo o vídeo no que se fai unha recompilación de todas as actividades levadas a cabo por esta campaña en Galicia.
Para ver o vídeo da Campaña realizado en Galicia, aquí>>
Dende Amnistía Internacional miraron con preocupación os plans elaborados polas forzas de seguridade surafricana para garantir a protección dos estadios de fútbol e as áreas nas que se congregan afeccionados e visitantes. En primeiro lugar, porque os enormes recursos que tiveron que despregarse para a Copa Mundial (como requisito da FIFA) terán consecuencias para a seguridade dos surafricanos, especialmente para os que viven nos barrios máis desfavorecidos, onde a actuación policial xa constitúe un reto de por si. Ademais, as persoas refuxiadas e migrantes non gozan na actualidade dunha protección policial axeitada contra os ataques xenófobos, polo que poden ser aínda máis vulnerables.
Cambio de lemas: Amnistía Internacional lanza a campaña: “Toma partido! Apoia á mellor defensa da historia” na que presenta á súa proposta de Selección, un equipo formado por 11 defensores e defensoras dos dereitos humanos.
Coa saúde non se xoga
Médicos sen Fronteiras calcula que 5,7 millóns de persoas surafricanas viven co VIH, das cales 1,5 millóns non teñen acceso ao tratamento. Esa inaccesibilidade semella aínda máis sangrante se a contrastamos co gasto público investido en infraestruturas deportivas e en transportes de luxo: un total de 9500 millóns de dólares financiados esencialmente a través do endebedamento público. Tal e como afirman Josep María Antenas e Esther Rivas no seu artigo “El Mundial de las desigualdades”, o desvío de inversións públicas a proxectos de pouca utilidade social (destinados a unha clara minoría), contrasta coa incapacidade do Goberno de satisfacer algunhas necesidades sociais básicas, como o acceso a medicamentos, a construcción dunha rede de transporte público eficiente ou solucionar o gravísimo problema da vivenda.
Márcalle un gol ao Sida: A campaña de Inspiraction aproveita o impacto do Mundial para volver a ollada á problemática do Sida e pedir responsabilidades.
A materia prima do Mundial: as dúas caras do esférico
O pasado 7 de xuño publicouse o informe “Missed the Goal for Workers: the Reality of Soccer Ball Stitchers”, elaborado polo
Apuntando aos responsables: A Campaña Roupa Limpa lanzada por Setem lémbralle á FIFA que é a responsable do seu deporte e do incumprimento das promesas que fixera sobre a limpeza da industria.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.