Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 6 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 453 accesos
  • Visitas Total: 350852 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo
18 de decembro de 2009 00:00

O PP incumpre o acordo de aceptar as emendas presentadas aos orzamentos de cooperación

 
O PP INCUMPRE O ACORDO DE ACEPTAR AS EMENDAS PRESENTADAS AOS ORZAMENTOS DE COOPERACIÓN

O grupo parlamentario do PP tiña acordado coa Coordinadora, aceptar as emendas da oposición para incrementar os fondos de cooperación en 2 millóns de euros

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2009.  O Parlamento de Galicia aprobou antonte, 16 de decembro, os Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2010, deixando de lado a maioría das emendas presentadas pola oposición, entre elas as referidas a cooperación para o desenvolvemento e acción humanitaria.

 
Desde que se presentara o proxecto de Orzamentos no Parlamento de Galicia, o pasado 19 de outubro, a Coordinadora Galega de ONGD, a través da súa Comisión de Incidencia Política, ten levado a cabo un importante traballo de presión e incidencia política para mellorar os fondos destinados á partida de cooperación.
 

As tarefas iniciáronse co informe “A cooperación ao desenvolvemento no Proxectode Lei de Orzamentos das Xunta de Galicia 2010, presentado nun almorzo con xornalistas o 17 de novembro.

 
Ao tempo, establecéronse contactos e reunións cos tres grupos parlamentarios galegos para promover a presentación de emendas ao texto que mellorasen esta situación de partida.
 

De feito, o PSdG-PSOE presentou unha emenda, o14 de novembro, co nome de “Fondo Extraordinario para a Cooperación aoDesenvolvemento”, que propoñía dotar o orzamento de cooperación en 2.000.000€adicionais con cargo ao Fondo de Continxencia dos Orzamentos. Isto suporía un aumentodo 1.6% en todas as transferencias de cooperación, -excluída a de persoal-, e situaríaa cantidade total dedicada a cooperación nos 11.700.000€, o que permitiríarecuperar a porcentaxe do 0,1%.

 
Pola súa parte, o BNG –se ben non presentou emendas propias- si indicou nas conversas coa Coordinadora que apoiaría  esta emenda do PSdG-PSOE.

Na reunión celebrada cos máximos responsablesdo grupo parlamentario do PP o pasado 24 de novembro, estes, despois derecoñecer o escaso esforzo da Xunta de Galicia, indicaron que aceptarían a emendada oposición nesta materia.

 
Sen embargo, esta emenda non prosperou na tramitación parlamentaria dos Orzamentos 2010, ao rechazala a maioría do PP. “Sentímonos enganados”, declarou Xosé Mª Torres, Presidente da Coordinadora, que remarcou que o uso de prácticas políticas coma estas contribúen ao descrédito xeral fronte á sociedade civil.
 

 


Datos da cooperación galega
A cooperación galega acadará só 9,7 millóns de euros, o que supón unha
reducción de 3,3 millóns con respecto a 2009. Cómpre lembrar que os orzamentos de 2009, presentados polo bipartito PSdG-PSOE e BNG incluían un Plan Anual de Cooperación que chegaba aos 13,0 millóns de euros.

O descenso de 3,3 millóns representa un recorte dun 25% do total dos fondos -“un recorte brutal no xa escaso esforzo de cooperación que realizaba a Xunta de Galicia”-sinalou o Presidente da Coordinadora, Xosé María Torres.
Desta maneira, o esforzo en cooperación ao desenvolvemento ficará para 2010 no 0,086% do orzamento da Xunta de Galicia. Galicia volve así a cotas prehistóricas, por debaixo do 0,1% fronte ao 0,7% marcado polos compromisos internacionais e a lei galega de cooperación do ano 2003.

Espírito de diálogo
Desde a Coordinadora Galega quere recoñecerse, con todo, o espírito de diálogo cara o sector emprendido desde a unidade xestora do novo goberno de Núñez Feijóo, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Consellería de Presidencia, pero laméntase que este espírito aberto non vaia acompañado dun compromiso real de goberno.

Agardamos que o novo Plan Director cuadrienal 2010-2013, actualmente en redacción por parte da DXRREE conteña elementos positivos e compromisos reais na loita contra a pobreza para os próximos catro anos” concluíu o Presidente da Coordinadora.

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.