Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 3 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1315 accesos
  • Visitas Total: 2877049 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
18 de maio de 2010 00:00

O rexistro de axentes de Galicia xa conta con 201 ONGD

O rexistro de axentes de cooperación para o desenvolvemento de Galicia conta actualmente con 201 ONG para o Desenvolvemento inscritas, 5 sindicatos, 6 comunidades galegas no exterior, 20 empresas ou organizacións empresariais e 5 axentes sociais. A lei galega de cooperación ao desenvolvemento considera estes actores, ademais das administracións públicas e as universidades, axentes de cooperación ao desenvolvemento sempre que non teñan ánimo de lucro e conten con se permanente en Galicia e cun socio local.

 

Dende principios de 2009 integráronse no rexistro 15 novas ONGD, un feito que evidencia o aumento de organizacións que nos últimos anos apostan por traballar no eido da cooperación ao desenvolvemento. Aínda así, hai que ter en conta que algúns dos axentes inscritos como ONGD xa non están a desenvolver o seu traballo en Galicia ou simplemente deixaron de existir como organización. Neste sentido, a Xunta de Galicia asumiu o compromiso de depurar o rexistro e obter así o número real de axentes galegos que traballan en cooperación ao desenvolvemento. Entre outras cuestións, vaise ter en conta a posibilidade de modificar ou promulgar algunha normativa para que só poidan inscribirse como ONGD aquelas organizacións que traballan e funcionan como tal.

 

Enlace do rexistro de axentes de Galicia.

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.