Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 2 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 882 accesos
  • Visitas Total: 428725 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
  • Altermundo
15 de xullo de 2010 01:35

Os retos da cooperación galega, analizados na primeira publicación do IESI

O Caderno nº1 do Instituto de Estudos Sociais e Internacionais (IESI), publicado recentemente, aborda os principais retos da cooperación galega coincidindo coa aprobación do II Plan Director da Cooperación Galega (2010-2013). A publicación, de carácter semestral, é electrónica e  de libre distribución.

 

Este primeiro número conta cunha entrevista en profundidade co Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo Aller, e con cinco extensos artigos nos que se analiza:

  • O balance da execución do I Plan Director (Carlos Teijo García e Emilio Martínez Rivas)
  • A acción humanitaria en Galicia (Carolina Diz Otero)
  • Os principais retos das ONGD (Maika Beltrán Moreiras)
  • Os recursos humanos nas ONGD galegas (Xose Mª Torres Bouzas)
  • A etapa declarativa do xénero en Galicia e os dereitos das mulleres (Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD)

 

Para descargar o caderno podedes entrar na a páxina web do IESI ou acceder a este enlace >>>.

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.