A Coordinadora Galega de ONGD publica a tradución ao castelán do Caderno da Coordinadora 14 Eficacia da axuda e sociedade civil. Declaración de París sobre Eficacia da Axuda. Axenda de Acción de Accra.
Esta publicación contén un estudo introdutorio sobre a ollada crítica das organizacións da sociedade civil á axenda da eficacia da axuda e unha descrición dos actores, procesos e espazos onde se está a substanciar o debate sobre a eficacia do desenvolvemento desde a sociedade civil.
Esta edición, ademais, inclúe unha tradución ao castelán da Declaración de París sobre a Eficacia da Axuda e da Axenda de Acción de Accra desde o documento orixinal en inglés publicado polo CAD da OCDE.
Edición gratuíta. Pódense solicitar exemplares poñéndose en contacto coa Coordinadora Galega de ONGD.
Fuente: Coordinadora Galega de ONGDir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.