A Direccion Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea fixo pública a resolución da convocatoria de microproxectos. En total, foron concedidos cinco proxectos ás organizacións CUCO Galicia, ONGD Coopera, Asocación Equus Zebra, Fundación Balms e Asociación Galega de Hemofilia. Dous dos microproxectos serán executados en Perú, un en Guatemala, outro no Salvador e outro máis en Senegal.
A convocatoria de microproxectos tiña prevista a concesión de 175.000 euros, dos cales foron axudicados 113.385,06. A non concesión da totalidade da subvención débese, por un lado, ao esgotamento do capítulo IV (concedéronse 88.351,57 dos 90.000 euros orzamentados) e, por outro, á falta de propostas que superaran as puntuacións mínimas establecidas na convocatoria.
Para consultar os microproxectos aprobados, acceder aquí >>>>
Para consultar os microproxectos denegados, acceder aquí >>>
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.