Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 4 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1582 accesos
  • Visitas Total: 2877316 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
16 de xullo de 2010 10:43 | Cume sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio

Rodríguez Zapatero cancela a súa reunión co presidente de Ruanda tras a polémica suscitada polo encontro

 

A presión social xerada dende a Coordinadora de ONGD-España, Amnistía Internacional e distintos partidos políticos da oposición, conseguiu que o mandatario español cancelase a última hora a súa reunión prevista co presidente de Ruanda, Paul Kagame, imputado pola Audiencia Nacional española de xenocidio, guerra, lesa humanidade e terrorismo.

 

 

O presidente de Ruanda, Paul Kagame, que copreside xunto a Rodríguez Zapatero o grupo de apoio aos Obxectivos do Milenio, estaba invitado, xunto ao Secretario Xeral da ONU Ban Ki-moon, a unha reunión preparatoria da cume que se celebrará en setembro. A polémica suscitada pola elección de Paul Kagame como co-presidente do grupo e polo seu encontro co presidente español, motivou a cancelación da reunión por parte de Rodríguez Zapatero. A orixe destas protestas atópase na imputación ao presidente ruandés de delitos de xenocidio, guerra, de lesa humanidade e terrorismo. O procesamento do mandatario non foi posible por gozar de impunidade ao longo da súa presidencia.

 

O presidente do goberno español delegou a asistencia no ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, e na secretaria de Estado de Cooperación, Soraya Rodríguez. O encontro celebrarase nun hotel de Madrid (e non na Moncloa, como estaba previsto), e aínda non está confirmada a asistencia de Paul Kagame (que xa está en España).

 

Dende a Coordinadora ONGD-España defenden que a loita contra a pobreza non pode entenderse sen o respecto aos Dereitos Humanos e consideran que, mentres Kagame se atope nun proceso xudicial desta índole, non conta con lexitimidade para desempeñar a misión que lle foi outorgada.

 

Para ler o Manifesto da Coordinadora de ONGD-España, aquí>>

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.