O vindeiro 16 de decembro ás 20.00 horas terá lugar no Teatro Rosalía de A Coruña, un Concerto Solidario a cargo do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña, no que actuarán o Grupo de Percusión Attacca,o Coro Infantil e a Orquestra Sinfónica do Conservatorio.
Este concerto será a beneficio do proxecto “ Viaxe cara á Vida”, que promove Tierra de Hombres.
O custo das entradas é de 6€ e poden adquirirse nas taquillas do teatro ou con antelación nas taquillas da Praza de Ourense.
Hai tamén a disposición unha Fila Cero: ingresos na conta: 2091 0042 16 3040013728.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.