Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 5 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 473 accesos
  • Visitas Total: 350872 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo
26 de febreiro de 2010 00:00

Tribunal Russell sobre Palestina

Durante os días 1, 2 e 3 de marzo estase celebrando en Barcelona a primeira sesión do Tribunal Russell sobre Palestina co obxectivo de xulgar as violacións do Dereito internacional das que é vítima a poboación palestina e que a privan dun Estado soberano. Neste marco, analizaranse as responsabilidades de Israel, así coma as doutros Estados e organizacións internacionais, como a Unión Europea, as Nacións Unidas e a Liga Árabe.

O primeiro Tribunal Russell celebrouse en 1967 para investigar os crimes de guerra cometidos en Vietnam e xulgalos segundo o Dereito internacional. Foi impulsado por Bertrand Russell, premio Nobel de Literatura en 1950, e presidido por Jean-Paul Sartre. O Tribunal contou coa participación de destacados e destacadas intelectuais da época, como Lelio Basso, Xullo Cortázar, Lázaro Cárdenas e Simone de Beauvoir. O Tribunal, a pesar de carecer de validez xurídica, actuou como un tribunal popular de conciencia fronte ás inxustizas e impunidade das violacións da lexislación internacional.
 
Podes seguir en directo as sesións do Tribunal Russell en Barcelona no sitio web de ACSUR: www.acsur.org

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.