Ecos do Sur
Ecos do Sur é unha ONGD galega, independente, aconfesional e sen ánimo de lucro, fundada en 1991 e declarada entidade de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior.
Entre os obxectivos de Ecos do Sur están a análise da realidade dos países máis desfavorecidos, a sensibilización da sociedade galega sobre os problemas que sofren e a cooperación para o seu desenvolvemento. Así como a concienciación na sociedade sobre as problemáticas que sofren as persoas refuxiadas, inmigrantes, emigrantes retornadas e outros colectivos en risco de exclusión social, e tamén a axuda para conseguir a súa inserción e promoción na sociedade a todos os niveis.
Onde atoparnos:
Rúa Ánxel Senra, 25 - 1°
Coruña (A)
A Coruña
15007
Teléfono: 981 15 01 18
Fax: 981 16 83 49
ong@ecosdosur.org
www.ecosdosur.org/
Voluntariado
En Galicia
O voluntariado en Ecos do Sur centra as súas actuacións no apoio e atención á inmigración e na sensibilización. Pódese colaborar en tarefas de: formación a inmigrantes en distintos ámbitos (español, informática, galego, etc.); atención psicolóxica a inmigrantes; colaboración no Programa Sociosanitario (información, prevención VIH – Sida, acompañamento hospitalario, etc.); sensibilización sobre a inmigración e a cooperación ao desenvolvemento; campañas de recollida de alimentos, roupa e ferramentas para envío de contedores a países menos desenvolvidos; asesoramento xurídico e laboral específico en estranxeiría; acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero.
Ecos do Sur establece o seus programas de voluntariado en función das necesidades da organización e das suxerencias e demandas das persoas voluntarias. Polo tanto, é posible ampliar a oferta de tarefas a realizar se as persoas voluntarias consideran que poden aportar algunha outra forma de colaboración, tendo en conta a súa motivación, perfil laboral, capacidades e/ou aptitudes.
No Sur
Actualmente Ecos do Sur non xestiona ningún programa de voluntariado no terreo.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 320.135,76 €
Públicos: 284.579,14 €
Privados: 35.556,62 €
Número de socias/os en Galicia: 205
Gastos da ONGD en Galicia: 315.768,45 €
Gasto en ED/Sensibilización: 17.255€
Gasto en Cooperación: 24.600€
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 9
Número de persoas voluntarias en Galicia:50
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 1
Proxectos da ONG
2007
PROGRAMA INTEGRA+
2008
ESPECIALIZACIÓN DE SANITARIOS
FORTALECIMIENTO DA ASOCIACIÓN AVIMAS (MULLERES VIÚVAS E NAIS SOLTEIRAS)
PROGRAMA ACOLLIDA, SAÚDE, MULLER E SENSIBILIZACIÓN NA POBOACIÓN INMIGRANTE
PROGRAMA AFRODITA II
PROGRAMA DE PREVENCIÓN E CONTROL DE ENFERMIDADES TRANSMISIBLES
PROGRAMA CONCORDIA DE ORDES
P.E.E. PARA A INSERCIÓN SOCIOLABORAL DO COLECTIVO INMIGRANTE E RETORNADO DE GALICIA
PROGRAMA DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A RECLUSOS/AS ESTRANXEIROS/AS NOS C.P. GALEGOS
PROGRAMA ORIENTA-M
FORTALECEMENTO DO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL AO INMIGRANTE (S.O.L.I.)
2007-2008
2009
EDUCACIÓN A NENOS/AS DA RÚA EN KÈLO (CHAD)
APOIO Á CONSTRUCCIÓN DUN CENTRO INFANTIL EN KÉLO
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A COOPERACIÓN NO RURAL GALEGO
PROGRAMA DE APOIO PSICOLÓXICO E PREVENCIÓN DO VIH/SIDA NO COLECTIVO DE MIGRANTES
PROGRAMA ENRÉDATE