Axuda en Acción
Axuda en Acción é unha organización non gobernamental de desenvolvemento (ONGD) independente, aconfesional e apartidaria, que ten como obxectivo principal mellorar as condicións de vida das nenas e nenos, as familias e as comunidades dos países máis desfavorecidos de América, Asia e África.
Onde atoparnos:
Rúa Francisco Mariño, nº5-2º esq.A
Coruña (A)
A Coruña
15004
Teléfono: 981 13 37 37
Fax: 981 13 37 36
informacion@galicia.ayudaenaccion.org
www.ayudaenaccion.org/
Voluntariado
En Galicia
En Galicia Axuda en Acción conta con sete grupos de voluntariado, un por cada grande cidade. Os grupos funcionan autonomamente, apoiando campañas de Axuda en Acción, participando en distintas actividades, ben promovidas pola entidade ou por outras organizacións
Onde atopar máis información: a información sobre o voluntariado de Axuda en Acción pode atoparse na páxina web
www.ayudaenaccion.org e na delegación de Galicia en A Coruña.
No Sur
Axuda en Acción non xestiona programas de voluntariado no Sur para persoas do Norte.
Existe, sen embargo, un programa de viaxes aos proxectos para persoas que xa son voluntarias de Axuda en Acción no Norte. Todos o gastos da viaxe corren por conta da persoa voluntaria que se despraza e a duración é variable en función da dispoñibilidade.
Onde atopar máis información: na páxina web
www.ayudaenaccion.org e na delegación de Galicia en A Coruña.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 323.462,60€
Públicos: 323.427€
Privados: 35.60€ (os aportes de socias/os galegas/os son de 1.250.000 €)
Número de socias/os en Galicia: 7.493
Gastos da ONGD en Galicia: Non se conta con cifras desagregadas para a Delegación de Galicia.
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 3
Número de persoas voluntarias en Galicia:70
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 0
Proxectos da ONG
2007
Fortalecemento dos procesos para o desenvolvemento humano integral e autoxestionario en comunidades de pobreza da fronteira Ecuador-Perú.
Sensibilización e fortalecemento de capacidades das mulleres do rural galego e establecemento de alianzas Norte-Sur para promover a loita pola igualdade de xénero
2008
Xestión integral con enfoque asociativo para acadar a soberanía alimentaria en comunidades excluídas da subconca do Río Macará
A loita pola erradicación da pobreza: establecemento e/ou consolidación de vínculos solidarios entre organizacións de mulleres do Norte e do Sur.
Chinchaysuyo e a cooperación galega na fronteira ecuato-peruana. Tres anos de intervención nunha zona post-conflicto.
2009
Mellora da calidade educativa e xestión local para o exercicio do dereito á educación de nenos e xóvenes para familias indíxenas e campesiñas dos Núcleos escolares Iguembe, Ity e La Tapera en Villa Vaca.
Campaña mundial pola educación en Galicia
En acción contra a desigualdade. Plántalle cara á pobreza!